MANIFESTO EN DEFENSA DAS COVAS DE DONA URRACA

MANIFESTO EN DEFENSA DAS COVAS DE DONA URRACA (MINAS) COMO ESPAZO PÚBLICO PARA DIVERSAS ACTIVIDADES (EXPOSICIÓNS, ACTUACIÓNS ETC.)

Se hai algún espazo representativo en Salvaterra que poida unir a varias xeracións, creo que todos e todas estaremos de acordo en falar das Covas de Dona Urraca. Os que naceron na década dos 40 e incluso antes recordan facer vodas, xuntanzas, comidas de fútbol, festas do viño ou incluso a reunión das comisións de festas de Salvaterra. Aqueles que naceron a comezos dos 80 recordaran pasar parte da súa xuventude neste edificio.

As Covas de Dona Urraca, tamén coñecidas popularmente como Minas sempre foron un espazo de uso colectivo, de encontro, pero sobre todo, de veciñanza. Un espazo de apertura cultural, sempre ollando para o Miño.

Se xuntásemos tódalas fotos que hai nas casas da vila con recordos deste lugar, encheríamos as Covas.. Se tivésemos que escribir a lista de músicos, poetas, xornalistas, políticos, fotógrafos, escritores ou incluso deportistas que pasaron, tamén encheríamos as Covas.

Entendemos que esa forma de usar o inmoble foi, e segue a ser moi produtiva, e fai que se viva un espazo con valor patrimonial por parte de toda a veciñanza.

O Concello pretende agora realizar un Museo do Viño na parte de abaixo das Minas, algo que non estaba previsto e que eles mesmos nunca o contemplaran. Esta musealziación non permitirá ningúnha outra actividade cultural, vodas, exposicións, representacións etc, este novo proxecto feito case in extremis terán un custe de 239.414,29 €. Tampouco queda claro si se irá ocupando tamén a planta superior. Hai que recordar que o concello de Salvaterra xa recibira fondos europeos FEDER por valor de 199.761,07 € que utilizou na Casa do Conde co título Museo – Exposición Casa do Viño e que nunca se puxo en uso, nin existe, que se saiba, ningún plan para él.

Non se trata, pois, de opoñerse á construción dun Museo do Viño, e menos nesta terra, ninguén se opuxo cando se anunciou que tería lugar na Casa do Conde -o anuncio fíxose durante anos, incluso fai uns meses-, pero un Goberno non pode da noite para a mañá, -como foi neste caso-, anunciar que tódolos edificios das murallas van a pasar a un único uso sen posibilidade de seguir sendo desfrutados polo restos dos veciños e veciñas. Deste proxecto si temos constancia pola prensa, e ten proxecto do arquitecto José Antonio Martín Curty.

Por todo isto denunciamos:
1. Que as Minas de Dona Urraca deberían continuar a ser un espazo polivalente que as achegue máis á cidadanía.
2. Que xa existe un espazo, como é a Casa do Conde, destinada a este uso dentro do recinto amurallado pola que xa recibiron fondos europeos FEDER e que está sen ningún tipo de actividade.
3. Que non se ocupen tódalas plantas das Minas de Dona Urraca que evitaría a realización de actividades por parte dos veciños e veciñas, asociacións culturais, como poden ser concertos, exposicións, vodas, etc.

Docmentos: MANIFESTO DAS MINAS
Recollida de signaturas: Recollida de Sinaturas

Se necesitades mais información podedela atopar en info@lazoiro.org http://lazoiro.org https://www.facebook.com/Lazoiro

Pregamovos maxima difusion, moitas grazas pola vosa axuda.

Síguenos:

1 Comentario

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*