O meu amigo o raposo

raposo
Non é un mamífero fluvial, pero lémbrome de atopalo na ribeira do Tea, en Rañe.

Hai quen di levar mais dun susto co raposo; será certo, porque este entrou na historia das nosas vidas fai moito tempo. É ocorrera no rueiro de Rañe, camiño da ponte das Partidas xa en Moreira. Caladiño quedei o atoparme con este animal tan simpático, que corría o galiñeiro a polas galiñas.

Venme a memoria o libro de Xosé María Castroviejo, “Viaxe polos montes é chemineas de Galicia”, no que conta o cazador do raposo cando está na faena; chama o raposo con nomes de engano, porque así di “hai vai o raposo”, este dáse conta de que fala del, mentres que si di: ”Hai vai O Pepiño”, o mellor non se decata. Agora ben, pola miña banda, direi que a raposa ou raposo darase conta sempre, o chamen como queiran.

A verdade meus amigos é que, teñen a vida bastante difícil é aínda así poden chegar a vivir 12 anos, coa súa cor en tons pardos e grises, xeralmente co rabo branco, patas cortas, fuciño punteagudo, orellas ergueitas e ollos oblicuos.

Para moitos de nós, se trata dun pequeno “cadelo”, con 5 dedos nas patas dianteiras e 4 nas traseiras. Ollos de expresión astuta, é cambia o pelo dúas veces o ano.

Contaba Félix Rodríguez de la Fuente, que analizando o “galope” do raposo, era unha maravilla pois seica corre como o lobo, se move en harmonía absoluta, é ademais, cunha elegancia incrible.

Digo eu, que o raposo é un auténtico oportunista, consume o que ten, traballa pouco e arrisca pouco.

Din que comer, come de todo o que lle deixan; a súa especialidade é a galiña, ovo, coello, rata, ourizo, e sobre todo, cal quer tipo de paxaro. Si me apuras, tamén come froita sendo as uvas, a súa predilección. Ten boa dentadura.

Por certo, amigos meus, os raposos son amigos de facer “despensa”, ¿Nunca viches algunha vez como esconde a galiña? Nestas lides son os amos.

Os raposiños que nacen, nacen cegos é xordos e os maiores inimigos que teñen son os cazadores.

É unha aberración matar por matar. Outra cousa é unha batida oficial con fins da conservación da especie.

Pese a súa mala fama, este pícaro amante das galiñas, merece este pequeno recoñecemento na nosa terra, despois de tantos, é tantos anos, vagando polos nosos rueiros.

Eu, amigos: “amo os raposos”. Forman parte da nosa vida.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion