José María Cambra, Fillo de Fornelos da Ribeira

José María Cambra y Rivas azul argentina
Un dos moitos cregos emigrantes en Arxentina é párroco en El Azul.

Estoume imaxinando por un momento a Pampa Arxentina, polos anos 1.816 e como viaxaran dende o porto de Vigo ata o porto de Bos Aires aquelas xentes desta terra, incluído o parente José María Cambra y Rivas, sacerdote católico.
Podo imaxinarme tamén o camiño en solitario, mirando mais alá, o horizonte, e creo case que, seguir ao cura coa inevitable sotana, libre de po, con soidade mítica, difícil é dolorosa, sen nada, so o home interior das súas prácticas relixiosas é farto difícil.

Entre 1.825 é 1.870 se foron construíndo igrexas en Chascomus, Dolores, Bahía Blanca Salto, Saladillo, El Azul, Tandil e outros, que monseñor Escalada puido concretar na fundación de mais de 30 parroquias. Daquela o noso pais estaba derrotado. Isabel de Borbón vaise, e se instala un goberno anticlerical. Douscentos sacerdotes camiño de Bos Aires. Nace La Religión, coa esperanza de mellorar o anticlericalismo arxentino.

O fenómeno da emigración tivo a súa importancia na vida e na sociedade arxentina, e como tema evanxelizador. Daquela o pobo en xeral era dócil, e si tiña sacerdotes bos é educados para instruílos, farían os mellores católicos do mundo. Así que, coa chegada destes homes nace “a crema para facer as Américas”.

Quizais as Guerras Carlistas influíra na mente de José María Cambra, familia carlista onde as haxa, para instalarse en El Azul; mais tarde, na parroquia de San Antonio de Padúa de los pagos de Areco, é na capela Santa Rosa de Lima, título outorgado polo bispo Escalada. A axuda dos veciños fixeron posible a igrexa no ano 1.897 (de aquí ven a entronización de Santa Rosa na capela, no rueiro de O Casco, polo seu irmá Xesús Cambra e Rivas).

Eu os invito, por curiosidade a entrar na Biblioteca Dixital da Universidade Católica Arxentina, da man de Eduardo Jorge Farrel en “entre misas e malóns”, no século XIX. Tamén en “La parroquia San Isidro Labrador” de Chabuco de O. R. Mell; é “Contribución a historia de Bragado”. La Plata,1-957 de Xoán R. Moya. Que conste que a única herdanza recibida destes familiares foi a imaxe da santa, nada mais, porque faleceu en 1.912 en Bos Aires coa mesma sotana que levara da súa terra. A súa labor foi exclusivamente axudar os demais. ¡Como debe ser!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*