O ordenamento ecolóxico do Condado

ordenamento ecolóxico
Fai algún tempo que estaba para escribir algo sobre isto, pero lendo a presentación do tema presentado por Irlanda Estévez Heredia, o fago hoxe.

O fago hoxe, como instrumento de política ambiental cuxo obxecto é regular o uso do chan, as actividades produtivas e lograr a protección do medio ambiente, preservando e aproveitando os recursos naturais a partir do análise do deterioro das terras.

Este Ordenamento Ecolóxico, sería un instrumento para “suxerir” sobre o mellor uso do chan. O ordenamento ecolóxico sería unha ferramenta que podería determinar cambios importantes na configuración espacial das actividades produtivas, é polo tanto, tería repercusións sociais i económicas importantes nos concellos que conforman O Condado e A Paradanta.

Este ordenamento ecolóxico, se refire a vinculación entre conservación dos recursos naturais é o aproveitamento sostible que se pretenda facer. Hai que recoñecer que os diferentes territorios do Condado de Salvaterra do Miño e A Paradanta, xa sexa por fenómenos culturais, pola historia ou pola poboación; polas características particulares constituíron un arranxo espacial das actividades produtivas e culturais. Hoxe fora de lugar. A necesidade viña da relación home – natureza, e as actividades produtivas eran: agricultura, gandería e silvicultura.

A falta de coñecementos da dinámica que se dan nos eco sistemas, así como a carencia de estratexias de apropiación de recursos dunha maneira ordenada trouxo, como se sabe, as consecuencias graves do medio ambiente.

Si queremos facer algo neste sentido, temos que ter primeiro uns estudos e investigacións dirixidas a recoñecer os diferentes factores ambientais, sociais é económicos. Segundo: Establecer os mecanismos mediante os cales debe realizarse a aplicación das políticas que cumpran cos obxectivos do ordenamento.

Despois, involucrar as xentes, cousa nada fácil, nas variables sociais, económicas e culturais, como estratexia a seguir a escala: Zona ecolóxica, zona comunitaria é predial, coas diferencias metodolóxicas e trazado conceptual.
Enfoques para o ordenamento territorial de cada Concello, tipo paisaxe, levantamento de terras, rocas, estruturas e formación de chans. Ecoloxía do paisaxe: Temas, clima, vexetación, chans, levantamento de terras…

Os aliñamentos estratéxicos ecolóxicos para a preservación, protección, restauración e aproveitamento sostible dos recursos naturais, así como para a localización de actividades produtivas e dos asentamentos humanos. ¡Cantas cousas se poderían facer si as mentes das nosas xentes foran outras! ¡Cantas! Unha delas, a formulación, expedición, execución e levantamento do ordenamento ecolóxico de conformidade coas Leis do Medio Ambiente.

¿Que falla? Falla a nosa mentalidade na determinación de criterios que establece a Lei, as disposicións que delas se derivan, amén, doutras cousas que me calo.

Así vamos, é así seguiremos indo polos séculos dos séculos… (Que non sexa amen).

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*