Fernando Estévez, Antropólogo Canario

Fernando Estévez

Falecido o mércores 27 de Xullo, do 2.016 (d.e.p.).

Era este Estévez, profesor de Antropoloxía Social da Universidade de La Laguna, (Canarias), é un canario que razoaba, que ofrecía razóns é argumentos, que xamais interrompía ao outro, é sempre, dispuña dunha reflexión suxerinte, datas mais que curiosas, é unha biblioteca útil que apostar.

Este Estévez, o traio hoxe aquí, como intelectual que mantivo con lucidez o pasado de Canarias, na construción da mitoloxía é lendas, tanto campesiñas como urbanas. Este profesor crítico, transformou a mirada exterior, é allea a realidade nunha sinal de identidade tan arraigada os illotanos, ata os novos de hoxe, como si durante cinco séculos non houbera pasado nada.

Fernando Estévez, foi un entusiasta defensor dos museos de Canarias, impulsados polo director xeral do Patrimonio Cultural do Goberno Canario. Porque foi Estévez, un dos poucos museólogos solventes deses peñascos. Posiblemente, algún día os canarios se adentren no pasado desfacendo as neboeiras demasiado espesas, é bromas demasiado pesadas, é alí, na ribeira, coas xentes encontremos a Estévez coa súa voz ordenada e perspicaz, ademais de valiosa, o amañecer.
Eu quero dicir lle adeus a este Estévez, sabio, falecido o mércores 27 de Xullo do 2.016 en Santa Cruz de Tenerife, a causa dunha enfermidade que padecía facía varios meses.

O pensamento deste Estévez estaba nos libros, artigos é conferencias, dende a historia antropolóxica ata a arte, turismo e bíopolítica, aplicando os mandatos e recursos do patrimonio cultural.

“Raza” é “Evolución”, “Pensamento antropolóxico”, son a evidencia gratificante da vitalidade e o impulso histórico deste home; deste Estévez, que se preguntaba: ¿Por que agora o pasado e tan importante? ¿Para que?

“O Escobillón”, entre outros, daba a noticia é tamén unha nota de humor deste investigador:
En certa ocasión algún preguntou como se definía, é el, contestou: “Como un agricultor a tempo parcial, un cociñeiro clandestino e un antropólogo accidental”.

Chámame a atención que “Podemos Canarias”, na súa memoria e seu legado o poña como exemplo do que debe ser unha Universidade, crítica é comprometida co futuro da sociedade que queremos construír, así como a súa dedicación o estudo é construción da identidade canaria.

Fernando Estévez xa non está con nós, pero seguro que nas Illas Canarias permanecerá sempre co seu legado, co seu impresionante legado cultural (D.E.P.) Aquí queda na nosa memoria.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*