Vidas e sonos

ancians vida
O ritmo que vamos hoxe, nos crecen as engurras a ritmo de vertixe.

Que nada ten que ver coa angustia provocada polos desastres naturais; senón, polos abusos dos políticos, os desfalcos económicos e a indolencia social. Son engurras na pel, cicatrices do tempo, marcas do reloxo biolóxico…

Abandonando dende o principio o adxectivo de “maiores”, amañado a marca dos zapatos, vestidos e cócteles, é o insolente diminutivo de “vellos” como eu, ser vello é unha das acepcións do dicionario: “e poesía maior”.

Eu asocio a verba vello, coa madurez, sabedoría, dignidade, incluíndo a ética e moral.

Hai quen di, chegar a vello non ten que ver cos xenes, a alimentación ou forma de vida. Os científicos que estudan a vellez, non están seguros de que se trate dunha mera cuestión de fortuna, aínda que nos Congresos da Sociedade Española de Xeriatría é Xerontoloxía, se atreveran a fixar porcentaxes para explicar a lonxevidade; un 75% dependente do ambiente é un 25% da xenética. Hai indicios sobre diferenzas, bioquímicas – mais niveis de algunhas encimas das vitaminas A e E, de certas células sanguíneas é un pequeno grao de hipotiroidismo –.

No ano 2.050 haberá 4.1 millóns de vellos e centenarios no mundo.

Cinco rexións hai, onde os vellos chegan a “centenarios”; o porcentaxe triplica a media mundial. Son: Cerdeña en Italia, Okina no xapón, Loma Linder en California (USA), Nicoya en Costa Rica, é Ícara en Grecia. No noso pais pode haber algo tamén, incluso na nosa terra.

Pregunto: ¿Que teñen en común seus veciños? Parece ser a dieta rica en peixes, vexetais, cereais, pouca presenza de carnes é ovos. Actividade diaria, baixo nivel de estres… Respecto o coidado dos vellos, para pasmo dos científicos mais empíricos, un alto espírito de espiritualidade está integrado na vida cotián de todos eles.

Pola miña parte, penso que o segredo entre o que somos, a forma de vida, como vivimos é consumimos, ademais de como nos relacionamos co destino, “non nos fai que esquezamos de respirar”. ¡Por si acaso!

Como anécdota direi, por exemplo que no mundo os que chegan a “100”, teñen boa prensa é algúns gobernos (non todos),sacan partido da tenrura universal que espertan os vellos, nos souben as pensións un 0.25% para “botárnolo na faciana”; en Suecia cun telegrama, no Xapón, cunha taza de prata, en Irlanda unha paguiña de 2.500 euros, en España nin as grazas. Así se escribe a historia.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*