Fornelos da Ribeira: Paixón de vida

Fornelos Da Ribeira
Propoño a tódolos meus lectores, unha escapada xuntos a un dos paraísos naturais, do Condado de Salvaterra e Paradanta, como eficaz remedio contra os males deste tempo.

No medio da perspectiva única, pequenos montes, bosques de piñeirais, paisaxe cheo de vida, vales é campiña por do quer, os recomendo Fornelos da Ribeira, patrimonio cultural que non falla, nin tampouco atractivos gastronómicos nin folclóricos.

Co corazón na man, os digo que si tivera que elixir unha ruta ideal, sería naturalmente esta.

Nos meses do outono, o río Tea, leva flores é follas, ademais de troitas e lampreas; o mesmo tempo, fai que reverdeza toda a ribeira. Os musgos se pousan nas pedras, aparecen as setas a un é outro lado dos sendeiros.

Nesta parroquia de Fornelos, onde o tempo parece non existir, a terra brota coa herba, a natureza fecha o universo da fauna e flora, é unha nova forma de vida aparece, case que inalterable dende sempre.

A miña aldea, a miña terra de nacemento, está chea de campiña, de auga limpa que o Sol, suavemente acaricia. As Fraguiñas berce da parroquia, te n as pedras silenciosas, os rueiros aos galos que cantan na alborada, é as xentes que viven en cada eido.

Fornelos, pese a todo, conserva o encanto máxico dos rueiros: A igrexa, o Casco, onde Rogelio Estévez Cambra, nacera e se criara antes de emigrar a Bahía Blanca, onde fora notario. O Ceo e a campiña fornelense, se transforma nun mar de infinito cor verde, que nos invita a perdernos nel, para descubrir os segredos é as pequenas marabillas que esconde.

Seguir, como fixen eu de meniño, percorrer as pedras, orixe do seu vestixio, da súa historia. Camiñar polos rueiros ata chegar a beleza harmónica da soidade, descender polo val do Tea, Rañe de arriba é de abaixo, Martín, buscando a auga, a máxica da poesía. A Cruz, camiño do Campo de fútbol, onde Rogelio Estévez Cambra, cantara o Piñeiro Manso, a súa despedida na revista El Tea.

Esta terra habitada por xentes traballadoras, namoradas da terra, espalladas por tantos eidos e rueiros que vale a pena descubrir, aínda que so sexa para admirar, e conversar coas súas xentes.

Os animo a percorrer neste outono calmo, a escoitar os rumores do río Tea, os paxaros cos seus trinos, a coñecer os soutos e fragas, e introducir nesta máxica terra de Pedro Madruga, Ozores, Pugas, Álvarez, Araúxo, Cambra, Estévez, Rodríguez, Monteagudo, e moitos outros, a historia de tantos antepasados nosos.
¿Queredes mais aínda?

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*