Sandra Estévez Calvar

Sandra Estévez Calvar

A porriñesa autora de “A Escritura como Terapia Laboral”.

Tras perder o seu emprego por acoso laboral, se presenta con unha serie de novelas que non so ennobrece os porriñeses, senón, a tódolos Estévez, que somos moitos.

Foi por Faro de Vigo, onde enteireime de que Sandra Estévez Calvar, veciña de Pontellas, do Concello de Porriño, pasara do seu traballo contable a súa paixón de escritora.

Polo visto xa no 2.014 publicara “Entre el miedo y el amor”, despois “Desafío del destino” e outras.

Venme a memoria de que os Estévez temos todos, como Sandra, no tempo libre, afección por escribir, tal o caso de Sandra con cinco novelas algunha ambientada no Pazo de Lourizán. É, como di ela, é a súa paixón que non lle da para vivir. É reclama confianza nas editoriais.

Invito a todos a mercar as novelas publicadas por esta Estévez, nas librerías de Porriño, e tamén nas páxinas de Amazón. Polo demais, nos unimos a esta Estévez, compartimos a súa ilusión, na loita das mulleres buscando un futuro mais digno, para construír a súa propia vida.

En canto a “Escritura como Terapia Laboral”, é un remedio asistencial que se complementa co Congreso Nacional de Estudantes de Terapia Ocupacional: “CRECENDO XUNTOS”, na que nos mostra a implicación e traballo, compromiso e ganas. É o motor de todo: Ilusión, confianza, apostando por enfocar, aprender e reorientar…

Se queixa Sandra, me queixo eu, porque o camiño non é cor de rosas; non hai mais que tropezos, pero debemos estar listos para seguir camiñando.

Me parece ben Sandra, a investigación como eixe de crecemento, pero debemos coidar seus froitos.

Grazas pola túa obra literaria, cremos coma ti, na disciplina e nos cimentos, e tamén no saber científico que será sen dúbida algunha, o mellor recurso o quedar sen traballo por acoso laboral. É obriga de todos, loitar contra esta lepra que tanto dano fai. O esforzo mereceu a pena. Sementando inquietudes, non cabe a menor dúbida que chegaremos algún día a “Crecer Xuntos”. ¡Así será!

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*