Fernando Sabido Sánchez morreu

Fernando Sabido Sánchez
Morreu o amigo, o antólogo dos poetas. E, mais de 20.000 poetas do mundo quedamos desolados, tristes, pois quedamos desamparados. Fernando Sabido Sánchez, foi o grande amigo de todos, que cría na poesía; o amigo, que non lle importaba que os poetas publicaran moito ou pouco, incluso nada. El sempre tiña as portas abertas para todos.

Abriunos o blog a todos ata os últimos instantes da súa morte (d. e. p.).

Eu hónrome de verme en “Poetas del Siglo XXI”, como moitos outros; homes e mulleres, mozas e mozos, algúns xa falecidos. Para el, e para María Gutiérrez, as grazas en nome de tantos e tantas poetisas, presentes en “Poetas del Siglo XXI”.

Grazas porque “Poetas del Siglo XXI”, serve e servirá sempre contigo presente, para contactar con todos e particularmente, como sempre, coas cousas solidarias. Porque Fernando Sabido, non se conformaba coa acumulación de poemas, non, e así naceu “Poesía Solidaria”, da que tamén formo parte felizmente.

Fernando Sabido, tiña un compromiso coa poesía e a xustiza social, da que era un digno defensor. E, nos con el. Non viviu da poesía, senón, para a poesía. Tampouco foi un acomodado social, pois, loitou por unha vida digna, para el e para todos; seu pensamento político e social foi coherente coa súa propia vida. Descanse en paz.

Fernando Sabido Sánchez, foi un home honesto, solidario e alí onde se encontre, estará gozando de todo o tempo necesario, para ver flotar os seus poemas e os dos seus amigos, en tan longo recorrido, quizais dende unha esquina, sentado nunha pedra solidaria, vendo “El paso del Tiempo”,capaz de entendelo e interpretalo dende “O Mais Alá”. Ata sempre, bo amigo, ata sempre.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*