O paraíso do Miño dende o Castelo de Salvaterra

salvaterra do miño
Comezo con unha proposta clara: “Dar un paseo por el”.

Da felicidade da pasaxe, sinfonía de cores ocres, vermellos, verdes, das rochas e da auga esmeralda do noso pai O Río Miño, que o impregna todo, que o acaricia todo, incluso a madeira que a converte en pedra por arte , cantos rodados, os seixos que amparan a forza da auga, son suaves é harmoniosas lembranzas que a xente leva cando o visitan. Porque as xentes que visitamos O Castelo con toda a súa historia, escoita, segue escoitando e ti, neste caso eu, sigo o desexo como guía: “Agradar”, os meus acompañantes familiares Xosé María Estévez Cambra e familia, que por estas terras estiveron. Despois, co resto da outra rama da familia Cambra, Gabriel Báez Cambra, súa dona, irmá, e pai Pepe Peaguda, que gozaron desta terra meiga, é falamos¡ como non! dos viños do Condado, é intercambiamos cousas que nos fan parecer mais iguais, como membros descendentes da mesma familia que somos.

Todos eles, membros dunha e outra rama familiar, viñeron a coñecer as súas raíces en Fornelos da Ribeira, o eido de O Casco é os viñedos de tantos anos de existencia.

A alegría acabou no Parque da Canuda, coas instantáneas nun ambiente lúdico e triste despedida. A carga física que soportei os meus oitenta e tantos anos, era grande, pero a pesar de todo, seguín transmitindo confianza para que volvan a estas benditas terras de tanta nostalxia polos seres que de aquí partiron pero non volveron mais.

Chegamos a Monçao, é xantamos un bacallau a brasa, regado con un albariño, paseando despois, polas murallas é non nos cansamos de ver tanta beleza natural.

Facía tempo que tiña ganas de narrar estes feitos, e recomendar a todos que veñan a gozar deste encantamento. É digo que hai que cambiar o sillón do fogar, polo golpe de pedal, o cinto do vehículo, e non deixarnos sentados sen pensar neste pracenteiros viaxes.

¿Cando nos decidimos a utilizar esas ferramentas, incluído o bus metropolitano para ver estes paraxes?

De verdade que esta estadía familiar foi espléndida con un Sol radiante xunto o Ceo azul celeste brillante, como ningún outro.

Visitar o castelo de Salvaterra é o de Monçao, é compartir e vivir con estas xentes que revelan amabilidade, xenerosidade, enchendo a alma de experiencia, enlazando un vínculo forte como é a amizade. É ¿Por que non dicilo? Xa me contaredes.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*