O Crego José María Cambra

jose maria cambra y rivas azul argentina
Do eido do casco (Fornelos da Ribeira), párroco de San Antonio de Areco en Arxentina.

Así foi, cando o 7 de Febreiro do 1.869 se colocou a primeira pedra fundacional con unha caixa de chumbo, a acta, xornais do día, medallas e moedas da época. Todo un ritual.

O 9 de Xullo do 1.870 foi bendicida, sendo párroco o parente, sacerdote, Xosé Cambra e Rivas, do noso eido de Cambra, en Fornelos da Ribeira, emigrado na Arxentina, sendo padriño Manuel de Guerrico, en representación do goberno da provincia de Bos Aires.

San Antonio de Areco, é unha cidade da provincia de Bos Aires, a 113 quilómetros da capital, chamada “Capital Nacional da Tradición”, declarada unha das sete “ Parroquias de Campaña” o 23 do outubro do 1.730 ¡Xa choveu!
A partir do século XIX, chegaran a San Antonio de Areco, emigrantes galegos, se fusionaron cos gauchos logrando o “paisanaxe”. No ano 1.939 organizaron a Festa da Tradición en homenaxe os homes do campo é as súas costumes. Hoxe declarado “Poboado de Interese Histórico Nacional”, pola Presidencia da Nación no 1.999.

En plena pampa húmida, e na ribeira do río Areco, bordeada por unha agradable arquitectura do século pasado, está unida a amabilidade das súas xentes, como un pobo encantado.

Lamentablemente quedaron moitos documentos, baúles, medallas, pergamiños de Xosé María Cambra quedan atrás, perdidos no tempo. Posiblemente, en San Antonio de Areco, exista algún descendente mais de Xesús, Xoán Bautista ou Clemente Francisco Cambra ou Estévez Cambra que para min, representan as raíces da familia na Arxentina que descoñezo.

Xa dixen que o 9 de Xullo do 1.870 fora inaugurada a igrexa deseñada por Enrique Hunt, cando era párroco Xosé María Cambra, é ¡Mira por onde! no Centro cultural Andalucía se fai referencia a el. Tamén no Tomo I, da Historia Eclesiástica da Diocese de San Nicolás (1.879 – 1.880).

Encontrei bastantes referencias das igrexas de San Antonio de Padua, é “da evanxelización na fronteira, 1.869 – 1.871”, onde José María, facía obras de caridade e practicaba o ben, morrendo pobre no ocaso da súa vida (Morte evanxélica).

No ano 1,857 provinte do Azul, inaugura a capela Santa Rosa, sendo párroco dela (Historia de la Iglesia y Contribución a la Historia de Bragado).

Posiblemente José María Cambra fixera a evanxelización o longo do século XIX, pese as dificultades sacerdotais. Todo relacionado co “diñeiro” (para nós os cartos), terreos é bens entre os xefes dos municipios e os curas que permitían entender as causas xunto a debilidade humana, as queixas e reclamacións de uns é outros. Incluso a censura a condutas dalgún xornalista que daba fe é creto a unha carta ser haber mediado trámite, contra un cura de Chascomús, por excesos de cobro, para testemuñar, o desmentido firmado polo Xuíz de Paz.

As relación entre curas e autoridades sempre estaban relacionadas polos cartos, celosos os curas das cousas da igrexa, dos seus dereitos e atribucións.

Invito a todo aquel que queira saber (o saber non ocupa lugar), un pouco mais da historia que entre na Pontificia Universidade Católica Arxentina, na Biblioteca Dixital, onde aparecer “entre misas e malones os sacerdotes”.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*