Manuel Domínguez Cambra

guitarra domínguez cambra

guitarra Manuel Domínguez Cambra
Da parroquia de San Martín de Moreira, do concello de Ponteareas (Pontevedra). Familia emparentada cos Cambra do eido do Casco de Fornelos da Ribeira.

Este notable construtor de guitarra en Bos Aires, irmá de Elvira, Emilio, Xesús e León, nacera a beira do río Tea, desta parroquia, que, como os seus irmáns foron educados na fe católica o fin de seguir a carreira de crego igual que seu irmá Xesús Domínguez Cambra, párroco de Víncios (Nigrán), onde está enterrado, emigrou co seu irmá Emilio a Bos Aires (Arxentina).

En Bos Aires, entra na rama da madeira, concretamente na ebanistería e na fabricación de guitarras, sendo seu mestre López por un lado é o afamado guitarrista Núñez polo outro.

Da conferencias amenas, profundas é instrutivas. Como guitarreiro alcanza xusta fama coa fabricación das súas guitarras a dicir de Ximenez Manjón, admirador deste bohemio tal como o describe Domingo Prat, fervente seguidor que o ve, como un home desequilibrado que lle impide a este Manuel Domínguez Cambra, destacar mais no seu loable traballo, falecendo en Bos aires o 23 de Decembro do 1.929 (Dicionario. Domingo Prat).

Despois de tantos anos, o 15 de Decembro do 2.009 en Guitarratelier, me enteiro da venda da súa guitarra construída no 1.925 o prezo de 1.500 euros, funcionando perfectamente (Dicionario de Guitarristas por Domingo Prat. 1.934)
No foro italiano da guitarra clásica tres guitarras estaban a venda, unha de Galan, 1.927, outra de Domínguez e outra de Manuel Domínguez Cambra 1.930.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion