Do mundo de Colón

Cristóbal Colón
Dividindo os dous hemisferios pro futuro da Humanidade.

Nunca se cumpriran as profecías de Demolins que dicía: “No Norte o porvir se levanta, no Sur, o pasado que desaparece…”. Non. Porque foi tamén o porvir que encontrou nubes nas repúblicas americanas É, porque non hai tal inferioridade de raza sobre a anglosaxona, nin se pode proclamar a teoría anglosaxona de raza superior.

Toda a América Latina, está chea de vitalidade e ben pode afirmarse que si como fai falta que o hemisferio se contrapoña ao outro, para asegurarse o equilibrio material, a Humanidade necesita do espírito latino, inspirador do contraposto materialismo anglosaxón, para establecer o espírito moral no infindo da súa historia.

A Historia das Indias Occidentais do século XVI, co descubrimento feito por Cristóbal Colon, que o parecer xa tiña coñecemento destas xentes, produtos e riquezas que tanto sorprendera o Vello Mundo.

Da época precolombina, non había de ocuparse, importaba pouco; o fanatismo, a cobiza, eran fillos do tempo, xunto os esplendores da Nova Terra, é a interesante historia das terras conquistadas. As cartas de Colon os Reis, os feitos do frei Bartolomé das Casas, o libro das profecías e outros documentos do Arquivo de Indias, formaron un arsenal da historia. Documentos inéditos de Torres Mendoza, o libro de Fernando Colon, sobre o seu pai, calcificándoo de “pedra angular” nesta historia, así como da historia oficial de América, cando Felipe II, no 1.596, nomeara a Antonio de Herrera, para deseñar a Historia do Novo Mundo.

O coronel Antonio de Alcedo no 1.735, e tamén outros que escribiron, como os cregos, crónicas é memorias, etc.
Diego Andrés Rocha, catalán oidor en Lima; frei Gregorio García que pedía o Ceo que chovera pan é saíra auga das pedras imitando o demo… Antonio de Mendoza, virrei que le mandou a Carlos V, os anais da señoría de México coas costumes mexicanas.

España na América no 1.892 publicada en Barcelona; Historia de Nicaragua no 1.889. Documentos históricos de Caetano Batres Diez del Castillo, o diplomático Victoriano Salado Álvarez, é o presbítero Agustín Rivera, deixaron excelentes libros. Os Alonso Ovalle, oriundos de Oleiros en Salvaterra do Miño ata Rosales. Arxentina con Núñez Cabeza de Vaca; Domínguez e Vicente Fidel López no 1.883.

Certa ideas e costumes, certas identidades de ritos demostran que o home producía o mesmo en igualdade de culturas e grao de civilización polo que o alento da conquista so foi un soplo de morte para os indios. Non desminto que o abismo que separaba o pensamento indio da alma do conquistador era inmenso. Así de certo.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion