A filantropía no negocio do viño

museo vid vino condado salvaterra
Merece un estudio polo descoñecemento do impacto das accións filantrópicas no seu ámbito.

A filantropía do viño, o define como a asignación voluntaria dos recursos dunha empresa -adega, para actividades que non están relacionadas co negocio do viño, e para o que hai expectativas sociais claras, en canto a como a empresa – adega, debe realizala, como unha das bases de “xestión empresarial”, seus empregados coa comunidade social e outras partes interesadas.

Na chamada “industria do viño”, a investigación sobre a filantropía, polo que vexo é moi escasa, se descoñecen as accións filantrópicas, salvo algunhas existentes no sector vitícola, pese a que estas axudarían a integrar a “adega empresa” a sociedade, facilitando o entendemento co público consumidor.

Digo eu que o descoñecemento destas accións filantrópicas no ámbito do viño, xa motivaron noutros lares, investigadores, incluso internacionais, por medio da metodoloxía “online”, con 18 preguntas, segundo teño entendido, do sector sobre a filantropía na que se sumaron países, como Alemaña, Australia, Francia, Italia e Rei Unido.

No noso eido do Condado – Paradanta, tería unha serie de variables por identificar:

    a) A relación entre actividades filantrópicas, adega empresa, rueiros e valores da propiedade e xerentes.
    b) Tipos de actividades filantrópicas.
    c) Percepción dos beneficios obtidos, mediante esta participación filantrópica.

Entre os obxectivos:

    1) Análise do compromiso filantrópico, como parte da política, adega empresa no século XXI.
    2) Ofertar a empresa adega, ferramentas eficaces que definan e faciliten a relación de organizacións co seus arredores.

O análise da filantropía adega empresa, debe ser a de mellorar a competitividade que asume a investigación sobre a filantropía.

No caso concreto do Condado de Salvaterra do Miño é Paradanta, a filantropía desenrolaría un papel clave sobre todo a financeira, permitindo coñecer a implantación concreta de cada sector do viño, coa sociedade mais inmediata, así como as súas actuacións farían cambiar as cousas. Agora ben, ¿Hai quen entenda a filantropía no negocio do viño? Penso que non.

Síguenos:

Sé el primero en comentar

Dejar una contestacion

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.


*