O patriarca de Murguía

apostol santiago compostela murguía
No Día 25 de Xullo, Santiago apóstolo.

Sempre fiel o pais, a nosa sagrada terra, os afectos da alma, ¡SEMPRE!

Manuel Murguía, puido falar moito da Terra Patria co corazón, tocar co dedo na carne viva de cantos se sentían estremecer o nome de Galicia, pero nesta hora, 25 de Xullo do 2.016, con ven falar dos sentimentos é nos propósitos que enxergaron as novas xentes, renovar as queixas da nosa terra que veñen aparelladas.

Manuel Murguía, probou a fe do país, hoxe recuperada en parte coa autonomía, negadas ata non fai moito, afirmando as súa personalidade, non so descoñecida, senón, vilipendiada polos mesmos de sempre, que a cada paso nos falan de lazos de entrañable afecto que deben ir unidos polos que constrúen o Estado Español.

Manuel Murguía, daquela xa se había esquecido das inxurias, que como home do pobo, feriran o seu orgullo, invitando as represalias.

Foi entón, cando se vira dende a Gaceta, como si fora Galicia unha colonia de negros, é nación envilecida por natureza. É que tiña razón: Nos negaban daquela, a auga, a sal, porque non nos coñecían ben, nada mais que o instintivo salvaxe desdén, con que nos miraban.

Hoxe felizmente, non temos as mans atadas, e nos vemos libres porque o tempo foi chegando.

Na revista Céltiga, número 80, editada en Bos aires, o25 de abril de 1.928 con verbas de ouro, o patriarca Murguía, falaba daquel inédito discurso, nun mitin de propaganda da solidariedade catalán, que logo, por cuestións especiais non o fixo porque o impedira a censura.

Don Manuel Murguía, probando a súa boa fe, lle digo que se recuperou a “autonomía”, que a proclamación foi posible é hoxe so mentes está, o último movemento para reclamar os seus dereitos afirmando a súa personalidade que nos fora negada sigue incumprida.

Chegou “a diversidade dentro da unidade”. Galicia será filla, pero non serva.

Dicía Manuel Murguía: “coñeciamos a desgraza, pero a pesar de todo, non lograron borrar a alma de Galicia”.
Acertadamente foi así, don Manuel. Galicia, vendo como as grandezas de este mundo pasan é se desvanecen, nós, por si acaso, tamén fomos reino, é aínda non prescribiron os nosos dereitos, por si acaso.

Síguenos: