Ramón Cambra: Anarquista Catalán

ramón cambra
Quen me ía a dicir a min, estudando o apelido Cambra, que me ía encontrar con este Cambra catalán, nado en 1.917 en Barcelona é falecido en Decembro do 2.010 en Hamburgo (Alemaña).

Pois ben, sendo anarquista ten moitas similitudes cos Cambra analizados, loitando pola Revolución Social, no fronte de Aragón, na Columna Ortiz; antimilitarista, que case que sendo un neno vivira a vida como “unha ironía da vida”.
Levoume a curiosidade a novembro do 36, que iría a Madrid, para combater na defensa de Madrid. Non puido ser, por ser atropelado por un tanque. Recuperado se incorpora a Columna “Vermella é Negra”, co cargo de sarxento. No febreiro do 39 cruza a Francia con 300 homes. É detido en Arlés, Sur de Francia, onde o obrigan a traballar na mina de carbón, loita coa Resistencia Francesa, é intenta dinamitar un viaduto, mentres as tropas inglesas chegan a Dieppe, onde morren todos menos este Cambra, que cae preso. Sofre torturas é comparece ante un oficial da SS. que lle pregunta si é Ramón Cambra, o cal el, responde “si”. Presente a morte, un axente da Resistencia lle ensina a maneira de fuxir, é fuxe.

Entre 1.943 é 1.963 vive en España, na clandestinidade, baixo o nome dun familiar da muller, cambia con frecuencia de traballo ata que no 1.950 se dedica a “fotografía”, actuando na clandestinidade como enlace co grao de tenente do Exército Republicano, levando o seu carne escondido no cinto.

A partir do ano 1.964 se casa con María é no 1.947 teñen a filla Monserrat, quen arranxa co bispo que mantén unha relación amorosa con unha freguesa, a recuperación do nome perdido ata entón, é se establece en Toulouse, en Francia.

En 1.964 emigra a Alemaña, se radica en Hamburgo, traballa é sofre un accidente laboral, se afilia o Partido Socialdemócrata Alemán, é crea un Círculo esquerdista. O final, este loitador Cambra, establece contacto coa CNT é Solidaridade Obreira, que termina no 1.984 participando na re fundación da FAU, en Hamburgo.

Ramón Cambra, enfrontouse a diversas enfermidades coa súa compañeira, pero sempre con humor do que sempre fixo gala, é cando lle chegou a morte, non quixo ningunha clase de exequias, se non, un enterro anónimo.

Este home merece ser conmemorado pola súa humanidade, a súa cariñosa forma de ser, e o seu compromiso coa clase obreira.

A nosa sentida condolencia, aínda que tarde, a filla María Monserrat e demais familia, dende este recuncho galego, o marxe de todo ideal político. Q.D.E. P. ¡Que a terra te sexa leve, compañeiro! Ata sempre.

Síguenos: