Historia da capela Santa Rosa

capela santa rosa
No eido de Cambra, no rueiro do Casco en Fornelos da Ribeira.

A historia obedece a entronización da imaxe Santa Rosa de Lima, por Jesús Cambra e Rivas, fillo de Clemente Francisco Cambra, cuxo panteón aínda se conserva no cemiterio no Coto de Sa. Esta imaxe correspondía a Igrexa mais antiga de “Bragado” na Arxentina, onde vivira.

Precisamente, o edificio que é todo un símbolo de fe, cultura e urbanismo, da que gardo unha postal chegada a min non sei por quen, foi bendita o 21 de agosto do 2.005 polo bispo Martín de Elizalde, cando o 30 de agosto do 1.879 estaba por alí Jesús Cambra e seu irmá José María, como cura párroco.

A historia nace por ser a primeira santa de América; o verdadeiro nome de Santa Rosa é Sabela Flores de Oliva, nada o 20 de abril de 1.586. Mística terciaria dominica, canonizada polo papa Clemente X, en 1.871. Falecida o 24 de agosto do 1.617 en Lima (Perú).

Na Arxentina é basílica é Santuario Nacional que se encontra no leito da avenida Belgrano coa rúa Pasco, no rueiro de Balvanera de Bos Aires.

A postal que de ela teño, é de outubro do 1.934 no “32 Congreso Eucarístico Internacional”, que así reza no letreiro frontal da igrexa.

A tradición lle atribúe a santa, a:
1º) Cura de enfermos.
2º) A protección no 1.615 do ataque corsario holandés.
3º) O matrimonio místico con Xesús de Nazaret.
4º) A conversa cos animais os que lles pedía favores é estes lle obedecían.
5º).O facer desaparecer as flores do xardín.
6º). O tronco do limoeiro secado, dando limóns.
7º) Facer que chovera rosas perfumadas diante do papa Clemente IX que decidiu beatificala.
8º) Durante a II Guerra Mundial, se lle apareceu a milleiros de filipinos é xaponeses que fuxían dándolles refuxio.
O 30 de agosto é o día da Santa de Lima, e os andares do pasado chegaron a esta capela do Casco, para reverencia dos fornelenses.

Eu, a verdade, nin creo nin deixo de crer, pero non por iso pido as xentes do rueiro, que non perdan a tradición de visitala, hoxe a chave está nas mans do cura párroco, e pedirlle pola parroquia para que as nosas xentes esperten do atufado chan en que viven é consigan mellorala vida en tódolos aspectos.

Xa sei que Santa Rosa, daquela sufrira de fortes alucinacións, visións irreais sobre naturais, como a que vira escoitando o meniño Xesús, que colgaba do brazo da Virxe do Rosario, pedindo ser súa dona. Crenzas falsas, parte do psicose a xulgar polo que di, Guillerme Ladd, médico psiquiatra, do Instituto Nacional da Saúde Mental “Honorio Delgado”.

Non obstante, na Arxentina foi proclamada Padroeira da Independencia das Provincias Unidas do Río de La Plata, por decisión do Congreso de Tucumán no 1.816.

Casualidade ou non, o 17 de outubro de 1.877 esta igrexa fora bendicida polo seu irmá José María Cambra Rivas, fai 130 anos, renovando aquel “Ben Patrimonio, da Sociedade de Bragado” é que recolle La Voz de Bragado na súa historia o 1 – 06 – 2.013 da data fundacional, firmada por todos e o crego José María Cambra coa asistencia dos veciños.

Síguenos: