O que sementa sempre recolle

Rio Tea Fornelos da Ribeira
A historia transcorrera no eido “Das Pericas” (con perdón), ir indo pra Fornelos, da parroquia de San André de Lourido.

Xa ninguén se lembra, daquel insoportable avó que vivía no rueiro “do brasileiro”, un sen fin de horas é minutos sen xantar, sen durmir, pola desaparición de Xoanciño, o seu neto.

Me contaran de meniño, que nos tempos en que Fornelos da Ribeira fora concello constituínte, ocorrera a desaparición de Xoanciño, sen que ninguén soubera nada do rapaz.

A verdade fora que para o avó o silencio, fora espantoso. Se presumía que o raptor ou raptores deran un prazo e fixaran data para a entrega dos cartos, crendo tratarse dun secuestro.

¿Que será de Xoanciño, cando se cumpra o prazo? Repetían os veciños.

A verdade era que non se falaba doutra cousa. Todos houberan dado o que fora por encontralo. Tanto o crego da parroquia como o médico axudaron o avó que tomara algún alimento. Pasaran tres días, é o avó, metido na cama, pechaba os ollos, pálido como un morto, axitaba o corpo nervioso dun cadáver.

Escurecía, me contaban, cando a luz da Lúa, penetraba pola fiestra iluminando coa vaga claridade a habitación do vello avó. A porta abrírase un pouco é por ela asomárase a cabeza dun can de palleiro, cheo de lama, ollando fixamente o vello avó, logo de lamberlle as mans.

Aquel contacto cálido daquela lingua agradecida espertou o vello avó. Ao ver o can, lanzou un grito, pola presenza do can leal, que cría morto, lle causara, o mesmo tempo a grata alegría por velo é unha profunda dor pola falta do neto.

    – ¡Ah! ¿Es ti, meu canciño? Meu canciño da alma.

O can ladrou tres veces, ollando o amo.

    – Si, te entendo. Ti ves a dicirme onde está Xoanciño, é me levarás onde el.

O can ladrou outra vez, con mais forza. O alguacil que entón había no concello, é todo aquel que quixo, crendo que o avó se había volto tolo, preguntaba:

    – Vamos a onde está Xoanciño.

Aquí tendes o can, o amigo do avó, que nos vai levar a localizalo neno.

    – Este nos vai dicir onde está o neto; seguirme para facer as cousas ben.

Ninguén dubidaba de que aquel can de palleiro os conduciría a onde estaba o meniño secuestrado.

A noite era apracible. O can camiñaba diante volvendo a cabeza de cando en vez para ver si lle seguían; e logo de chegar ao Eido Vello, en vez de baixar subiron a cova dos mouros, cuxa lenda aínda percorre pola mente de todos é, encontraron un home con un estadullo na man, é o can adiviñando que alí estaba Xoanciño, quedouse quieto, ollando o home, movendo o rabo en sinal de amizade. A xente, sen encomendarse a Deus e o Demo, púxose diante do home é afortunadamente rescataron o meniño san e salvo.

O noso can, pasou de ser can de palleiro a ser heroe.

Fora iniciativa da xente, renderlle tributo o can, logo de comprobar os feitos; é da idea de crear conciencia da importancia destes animais sempre prestos cando os necesitamos.

Na lenda de Fornelos da Ribeira quedou para todos os heroes a lenda deste caso.

Eu lémbrome do amor que me inculcaron os animais, sobre todo os cans; amor distinto, pero amor. De maneira diferente. E sei por experiencia o que estes cans poden sentir por un. Por iso os amo é os respecto.

Síguenos: