Válido para o Século XXI

jean monnet
Tal como o lin, aí vai: JEAN MONNET.

Así foi o principio dos anos 60 , Jean Monnet e outros colegas como Lionel Durant, Merry Bromberger, todos ex resistentes da Francia Libre, habían invitado a unha entrevista “of the record”, os que acudían xornalistas de prestixio, avalados polos citados compañeiros no que se dicía da “non admisión de España” no Mercado Común.

Aquel “rendez vous” nos salóns do hotel Palais d´Orsay, fixo que Jean Monnet, pequeno fisicamente, pero famoso é grande home, naceran ideas que influirían na historia do século XX. Entre outras, o Tratado de Roma, sobre a experiencia da Comunidade Europea do Carbón é do Aceiro (Ceca).

Na Expo 58 de Bruselas, de boca de Louis Armand, co fundador da entidade é do Euratón, se falou de Jean Monnet, como un extraordinario cidadá francés. Saíra enxeñeiro ferroviario, xefe da resistencia é reconstrutor da rede ferroviaria francesa e promotor de trens de grande velocidade, home de esquerdas que De Gaulle admitiu e recoñeceu na súa relación con Churchill é Roosvelt, coa desconfianza dos xefes da Francia Libre.

Monnet é De Gaull, se tiñan admiración; De Gaull, recoñecía a grandeza de espírito e a inalcanzable potencia o servizo de Francia, de Europa é de Occidente fronte os totalitarismos.

Unha traxectoria vital insospeitada dun fillo afortunado, negociante é vendedor de coñacs.

Jean Monnet nado en 1.888, na Primeira Guerra Mundial, con 26 anos destinado no Corpo de Intendencia, en vez de proseguir os estudos universitarios segue os pasos de vendedor de coñacs, é co grao de tenente, é nomeado delegado de Francia en Londres. Naquel tempo, coñecera a homes de estado, como fixo con Salvador de Madariaga co que se sentiu identificado.

Monnet foi dos primeiros en advertir do perigo dos nazis, e da derrota das “democracias”.

A hora da paz, coa inapreciable iniciativa do plan de recuperación económica, a CECA é o MERCADO COMÚN con infinitas reflexións e consellos na memoria, na comunicación cos “grandes ricos deste mundo” de absoluta vixencia fan de Monnet un dos grandes “mestres á penser” válido no día de hoxe.

Síguenos: