Despois do ano 2017

fornelos da ribeira 2017
Acaba de finar o Ano 2017 e entramos noutro ano de gabar o progreso consistente en grande parte nesta maraña de máquinas cuxa finalidade e xustamente recoller a presa e correndo os elementos do “útil”, redestribuídos a toda a comunidade que estea en condicións de “pagar” o prezo correspondente.

Admito que este sistema “social” poida presumir das grandes conquistas sociais, mecánicas, dos grandes descubrimentos e dos beneficios mutuos. Basta convencerse un, con facer unha sumaria lista de todo o que ve na rúa, pero no medio de esta civilización,a mente humana case que aterrorizada por esta grandeza material, se perde, renega de si mesma ou ¿Haberá que chegar a conclusión de que o materialismo actual que descende en liña recta, atrofia as facultades espirituais do home, e lle impide o seu desenrolo, embotando a súa finura?

Da xente de hoxe, podo dicir, dende logo, que ten “epidermitis”, en lugar de alma. A potencia sensorial do seu organismo se desenrola enormemente, en detrimento da súa facultade espiritual. E vemos hoxe en día, como se carece de forza moral, e quizais tamén, de forza imaxinativa.

¿Que diría cal quer veciño de Fornelos da Ribeira das novas modernidades como a internet ou o teléfono móvil, convertido nun dispositivo do sistema?

Os meus 86 anos vólvome tolo buscando cobertura para atender a realidade das cousas, da propia realidade:A razón de ser, que non e un mero estar e consumir.

Vexo que moitas funcións tradicionais da nosa mente, incluída a memoria, están atrofiadas pola escravizante acción do “app”.

Cantas veces penso si os meus parentes do século pasado, educados na mais estrita realidade.

Católica, Apostólica e Romana relixión, que lles dicían que “Deus coñece o mais íntimo dos nosos pensamentos”, a cousa parece haber cambiado,coas novas modernidades.

A verdade é que cos novos “trastos”, nos espían moito mais do que sabemos. E vainos chegar o pesadelo dunha nova escravitude.

Nos vellos mitos dos séculos pasados, o heroe, da conta da vida, recreaba a Creación, intentaba someter a Natureza a xente en función de determinados valores metafísicos.

Xa o dicía Cervantes: Que a pluma é a lingua da alma, e o tecleado do móvil a do autómata.
¿Terei razón ou non? Pregunto eu.

Síguenos: