Lembrando as escolas de Fornelos

escola lourido

escolas lourido
O longo da historia, as Escolas Públicas de meniños de Fornelos da Ribeira, foron testemuñas das vixencias das tres grandes leis sobre Educación Primaria en España, sen contar coa axuda económica dos fillos de Fornelos na Arxentina, que tanto axudaron a coidalas.

Todas esas leis coincidiron co inicio da etapa escolar obrigatoria dos 6 anos, polo que os meniños comezaban a súa escolarización.

No ano 1.857 se promulga unha Lei da “ Instrución Pública”, que estrutura a Educación Primaria, en dúas etapas: A Elemental de 6 a 9, a Superior de 9 a 12, sendo gratuíta e separada por sexos.

A historia das Escolas Públicas, tanto das nenas en As Fraguiñas, como dos nenos en O Casco, funcionaron coa axuda económica dos fillos, emigrantes na Arxentina, dende antes do 1.928 ata 1.980 en que pecharon pola concentración escolar de tódolos escolares do Concello en Salvaterra do Miño.

Orixinariamente, a Escola Pública de Fornelos acollía dúas aulas, unha nas Fraguiñas e outra o Casco, rexentadas po mestra e mestre, respectivamente.

A ensinanza era integral. Todos son fillos de labregos. Moitos dos cales mostraban interese polo sacho e o arado. Pouco polos libros. Pero a pesar de todo, se conseguía alfabetizar e espertar capacidades que o tempo chegaron a ser cregos e outros emigrantes.

O idioma usado é o castelán aínda que o galego se fale no eido. No currículo escolar non se ensina galego e nos libros escolares apenas existen referencias culturais ou históricas a cultura galega. E algo que está prohibido.

A Escola Pública das Nenas, estaba composta por un crucifixo, unha mesa da mestra, unhas selas, pupitres, bandeira, banco, tinteiros, esfera, armario para libros, exemplar de “Mi Costurero, El Libro de las Niñas”, un mapa físico, outro político deteriorados, un libro dos Evanxeos, un selo con tapón, e útiles de leite, xogos de compás e regras.

¡Quen vía aquelas meniñas no recreo coas súas batas brancas!

Na Escola Pública de nenos en O Casco, dispuña dunha mesa de escritorio, unha sela, bancos, crucifixo, bandeira, exemplar de Xeografía, Libro de Lectura, Historia Sagrada, un exemplar de Urbanidade, Aritmética, “Lección de Cosas”, e un cántaro con auga, ademais de xogos de regra, escuadra, compás e atlas.

Quizais algunha cousa mais grazas a axuda económica do fillos emigrantes na Arxentina, como algúns alimentos que facilitaba o mestre no recreo. E con elo, o “Maxisterio presumía de como os nenos superaban a talla e peso, tanto das clases acomodadas como os de condición humilde”. Velos no recreo coas batas azuis era unha ledicia.

Xa non queda testemuña algunha, que lembre o frío na escola, nin da fila para entrar na escola. As oracións e os castigos por pelexar, ou coller os ovos ou crías nos niños dos paxaros.

Tampouco quedan testemuñas daqueles tediosos exercicios de escritura coa pluma e tinta, cos borróns, que puñan de proba a destreza dalgúns.

Xa non queda quen lembre aquelas etapas felices da vida en tempos pasados. Eu, con 5 anos, no 1.938, aínda me vou lembrando de cando crucei por primeira vez a porta da Escola Pública de Lourido, no Casco Vello, co mestre don Xosé Álvarez (o das Rodas), de tanta veneración e simpatía (Q.D.E.P.).

Síguenos: