As dúas almas en pena de Fornelos

velliña

velliña, fornelos, almas

Eran dúas irmás posesas do demo, segundo o cura da parroquia.

A historia das “Almas en Pena”, está chea de mitos e lendas, para non durmir na mente das nosas xentes, sobre seres sobrenaturais cuxa misión provoca calafríos naqueles que cren que, cando o río soa, auga leva.

A imaxe é semellanza daquelas dúas irmás que vivían no eido do Casco, coa “A Laxe”, onde estas pobres vellas, coa ironía do tempo, é os rituais ampulosos da institución dominante, patria, Papa, Igrexa e familia, non houbo maneira de detelas das blasfemias e improperios, nin si queira cos exorcismos do señor abade.

Penso naquelas velliñas que deixaron as súas almas en pena, é para algúns, o comezo dunha nova vida. Non era un “adeus” era un “ata logo”.

Era un mociño daquela, é lémbrome daquel momento, da morte, velorio e enterro, daquelas pobres mulleres “posesas do demo”, por falta da atención médica necesaria, é das almas potencialmente perigosas, si non se facía o enterro con cariño, xenerosidade nese preciso momento.

Dicía o señor abade, don Francisco, que eran varios os signos que as marcaban, a diferenza de estatus, entre alma é acompañantes, pois non tiñan familia algunha para prever as dúas almas en pena. Polo tanto, levantaron o ataúde, os que non eran parentes, os veciños rezaban para que se aloxaran das penas, é o saír lle recitaron:
Durmide filas, durmide,
Cantade cántigas de igrexa
Para ver os mortos sans,
Para ver os pais no campo.
Sede felices.
Os pais morreron, quero morrer logo,
Para volver o rostro da vida
E vivir en paz, onde os mortos moran.

A vida e a morte son en si un postulado sobre a victoria da morte e das almas en pena. É do “Mais Alá”, é posible.
Eu que fun educado baixo os cánones tradicionais da Igrexa Católica, sobre a morte, alma en pena, manifestacións de loitos e dores rigorosos, fun escéptico igual co exorcismos do cura.

Esta dúas irmás posesas do demo estaban codificadas da dor: ritualización, simbolización e tramitación da morte para enfrontarse a ela, segundo o criterio do crego, cando era necesario un especialista en psiquiatría quen nas pudia curar. Dor, daquelas almas en pena, que permitiron o esquecemento é a lembranza da existencia destes seres humanos na sociedade.

A traxedia destas endemoñadas almas en pena, por falta de asistencia médica adecuada, as levou a ese estado de pre morte.

Segundo crónicas do século XIX, aparecían imaxes da “Santísima Morte”, feitos da nosa xente que veneraban a morte é as almas en pena, porque se sentían próximas e respondían daquela a lóxica social.

Hoxe, coa crise económica e a evolución do mundo, a busca do auxilio espiritual se dirixe os problemas da vida diaria, é o intento da mellora material que todo ser humano aspira: mellor vida, é menos aínda no mais alá, que lles queda lonxe.

Aínda me lembro de cando neno, da aparición do “demo”, do medo e de como facía a igrexa, “sentirte culpable de algo” para atar as xentes de antes.

Xa dicía a Santa Sede: ¡Salve loucas da terra! Aliviaremos as vosas almas en pena, na relixión, na fe, na palabra é na graza de Deus. É digo: AMÉN.

Síguenos: