José María, Clemente Francisco e Rogelio Estévez Cambra

Rogelio Estévez Cambra

Rogelio Estévez Cambra
Tíos avós meus, eran fillos do rueiro do Casco da aldea de Fornelos da Ribeira.
Gústame mais chamarlle aldea que parroquia.

Na etapa da emigración temperá (1.800 – 1.880), levou a moitos fillos de Fornelos para Arxentina. O me obxectivo é investigar a presenza dos fillos da nosa aldea en Bos Aires, tomando como partida 1.800.

Penso eu que, a emigración foi pensando na vantaxe política do país de orixe, dado que penetraba culturalmente é favorecía posibles actividades. Os pesimistas polo contrario, destacaban outros efectos é chamaba a atención sobre os efectos non desexados do capitalismo.

Algúns preocupados pola cuestión social, vían na emigración unha válvula de seguridade como consecuencia do desenrolo industrial; outros, preocupados denunciaban a perda de enerxía do corpo nacional.

Estas visións contemporáneas do fenómeno emigratorio, foron retomados no seu día, polos estudos académicos que infantizaron factores de expulsión, é os economistas que encontraron que o desenrolo do capitalismo era Europa, que xeraba o éxodo rural, camiño de Bos Aires, como capital industrializada.

Houbo outras interpretacións incorporadas a estas explicacións, o conflito social é as persecucións étnico relixioso.

Para poder afrontar estes temas había que comprender o escenario global, o cal estaba suxeito a un estudo que non hai. Por último, indagar sobre as características socio demográficas e socio ocupacionais era necesario trazar un perfil dos emigrantes en Bos aires, no so destes tres irmás de Fornelos, senón, de outros mais.

Que conste que recorrín os libros de entrada é saída de pasaxeiros, o porto de Bos Aires, para estudalo; os censos e os rexistros do Consulado, ademais de outros viaxeiros que se asentaron na nosa terra.

Durante a metade do século XIX, o porto de Bos Aires, fora varias veces bloqueado, por cuestións políticas, é moitos paisanos non puideron chegar por esta vía, é o fixeron por outros portos, por terra de forma clandestina, polo cal as series coa que traballo subestiman o movemento real desta xente.

Tampouco os rexistros non especifican a ida e volta, entre Bos Aires é Montevideo, por exemplo.

Non hai información dos anos 1.823 – 1.842, 1.839 – 1843; é saída incompleta de 1.829 – 1.836, e dispersos 1.840 a 1.850 respectivamente.

No Consulado circularon é se asentaron na Arxentina, e voluntariamente algúns se presentaban para o certificado da súa inscrición, para en caso de necesitar a protección consular.

Entre 1.824 é 1.849 se creou o rexistro con nome, parroquia, data de chegada a Bos Aires, con quen estaba casado, parroquia da dona, nome e rueiro de nacemento de fillos, é observacións.

Así, saín de Fornelos, dicía Rogelio Estévez Cambra, o último dos irmás emigrados, cando era un mozo novo en busca, como outros da deusa fortuna; deusa a que dirixe a tantos homes que a moitos engana, que desilusiona; a outros tantos que arruína porque xeralmente, non contento con o que ela promete, aspiran a outros favores lonxe de garantilos.

Teño entendido que a viaxe era unha experiencia traumática, é o custo, especialmente elevado para aqueles que emigraban coa familia. As cartas dos que xa estaban atraían o interese de posibles emigrantes, creándose redes de información que facilitaban a outros.

Era a forma de escapar da pobreza rural a un país como Arxentina que atravesaba por un acertado crecemento económico é demográfico.

A principios do século XIX, antes do suceso de Maio (1.810), o progreso de Bos Aires, o enriquecemento é a expansión dos negocios levaron as xentes a vestir mellor, a vivir mellor que antes. Din que había maior urbanidade é menos receos; as mansións eran amplas e luxosas, que os españois habían levantado a custos de incalculables gastos.

A grotesca aparencia dos carreteiros, medio espidos, xurando e gritando pasmaba a mais dun, a súa chegada a Bos Aires que, le fixo dubidar si era verdadeiramente un país cristiá.

Nos tempos de Rivadavia, emerxeu un novo Bos Aires, e Jesús Cambra e Rivas, tíos de José María, Clemente Francisco, e Rogelio Estévez Cambra, aproveitaron adecuadamente o tempo.

Jesús Cambra dispuña de milleiros de hectáreas pro cultivo de trigo, o sobriño José María dispuña da Librería Cervantes en Bahia Blanca ou no Azul; é Rogelio Estévez Cambra, escriban (notario), en Bahía Blanca. En canto a Clemente Francisco, non dou con el é seus descendentes.

Pola década do 1.850 – 1.860 Bos Aires había cambiado, mellorando en todo, pasando de ser unha cidade chata, gris é pobre, a unha urbe rica e luxosa que espertaba admiración. Así os fornelenses acostumados a traballar moito, os fillos arxentinos durmían. É si os nosos lograban absterse da taberna, medraban na fortuna. Entón, todo o que quería encontrar traballo, o tiña, é as privatizacións apenas eran posibles nun país onde a subsistencia era barata.

Algún día falarei dos mais dun fillos de Fornelos, como dos irmás González coa fábrica de ferramentas, trampolín de moitos outros fillos desta terra para entrar na Arxentina.

Síguenos: