Curiosidades da aldea de Fornelos da Ribeira

Rio Tea Fornelos da Ribeira

Rio Tea Fornelos da Ribeira
Ten moitas é variadas.

Unha delas é a expresión do cultivo da pataca que se debe a Real Academia de Agricultura e que ningún veciño sabe, creada polo marqués de Piedra Buena, o cal a introduciu a primeira máquina agrícola no século XVIII, é que nunca chegaran a Fornelos. Non facía falta. ¿Para que?

Outra curiosidade era o nome que recibían algúns animais que segundo a idade, para vacas e bois, eran “O Camoriño”, para os dun ano; “Pallete” para os dos primeiros dentes. “Mansote”, ou “Mansiño”, para os de leite, “Cuxo” o ser grande, antes de chegar a boi, “Tenreiro” ou “Touro”.

A “Vaquiña” primeira, lle chamaban “Xuvenca”, a estéril “Toura”, é fora da nosa aldea, o “Xato” e “Xata”, novelos é novelas, pocho é pouxa, etc.

Tamén, outra curiosidade na nosa aldea era o nome do porco, “marrau”,quino,vacoriño, rello ou racho, dos que ninguén se lembra xa.

Curiosamente tamén os nomes da terra, “cachos”, de chan dedicados o cultivo, o que logo chamaban leiras …
“A Facenda”, era o conxunto de animais que vivían, dependendo da xente, que como dixo Xaquín Lourenzo, non se opón as mais cousas que é dono, senón dos animais.

Outra curiosidade da aldea era, o nome do “gado” ou “gando”, que se criaban no eido sen saír o monte, como porcos é galiñas…

Para combater as lombrigas na horta; o adobío ou ourego para os chourizos o loureiro, nébeda e funcho para as castañas, para as tisanas a herbaluisa, a xarxa é a manzanilla, así como o emplaste o romeu, a ruda, malvavísco. Malva é malvela. Para o peixe e carne o perexil.

Ata non fai moito o “toxo” era un elemento importante para o esterco que protexe a erosión do chan e combate a acedume do mesmo.

Outra curiosidade da aldea de Fornelos, fora a chegada do millo; en España no ano 1.604 grazas o almirante Gonzalo de Castro e a súa dona Magdalena de Luaces de Mondoñedo onde se sementou por primeira vez.

Daquela cambiaron os nomes o vello paínzo, millo miúdo, millo de paxaros, é o novo, millón, millote, millo grande, millo gordo e o nome indíxena maínzo, ata quedar simplemente en “millo”.

Hoxe e curioso a denominación tamén, da “raza galega”, “rubia galega” como raza autóctona que obtivo unha mención honorífica na Feira Internacional de Agricultura, en París no marzal de 1.974.

Pero aínda había outras mais, que corrían pola parroquia, era que todo fillo que nacera en Venres Santo, corría o risco de traer o Anticristo. Había para todos. Así de dicía que, si lle sacabas a lingua os pais, podías converterte en lingua de serpente. Por aquí non, ¡ pero cantas había polo outro lado! Non o quero nin contar.

Tamén se dicía outra das curiosidades da aldea, de cando un neno se bañaba no río Tea, corría o risco de converterse en peixe, ou a auga converterse en sangue. Pero aínda hai mais: Como cortarse o pelo no Venres Santo, prometía un cabelo san e esplendoroso.

Outra curiosidade que chegou ata nos, era a prohibición de comer carne na Semana Santa, excepto peixe. Coa Bula si. Tampouco se podía escoitar música que non fora sagrada, non se podía bailar, dicir groserías, varrer o chan porque varrías a faciana de Cristo. Tampouco era bo vestirse de vermello cor identificado co demo. E si cortabas un talo na maceira pola mañá do Venres Santo, sen falar con alguén, empezaba a gotear sangue, porque cortaras o corpo de Cristo.
Había quen dicía que aproximarse a quen fumaba, participaba do fume do demo. Traballar pouco ou nada, porque a Lúa comería o traballador.

É aínda así, chegara ata nos, o de visitar 7 igrexas, pola Semana Santa, e facer unha ofrenda, sobre todo na cidade e vilas.

Como curiosidade direi que as había de tódolos xeitos, e outra delas era quen chegaba As Fraguiñas, o primeiro que tiña que facer era beber unha “cunca de viño”, como razón acolledora que é esta terra.

Debo sinalar que dentro das curiosidades da nosa aldea de Fornelos, o descubrimento das augas contribuíron o fortalecemento da identidade da aldea, é protección da saúde, para min nos veráns, que pasaba en Fornelos, e que me servían para tomar boa nota de cando, por exemplo, se xuntaban para celebrar algún acontecemento futbolístico co Progresista.

A verdade é que todas estas curiosidades axudaban a vivir. É o digo, porque pensei sempre na imposibilidade de vivir sen os apegos, pola vida mesma, é pola existencia no medio das vicisitudes da vida.

Sempre fun observando estes apegos que había e non deixaban velo bosque é a árbore. Aquela vida cegaba, e non deixaba desenrolar é ver, danando a harmonía, o amor, a fraternidade e a paz, non so arredor, senón, no interior daquelas xentes que agora confeso.

Naqueles tempos pasados, os apegos se alimentaban da razón sen razón, pero collían tal velocidade, que pelexaban contra os principios da convivencia da parroquia é así:
Hoxe que se vive día a día
Na nosa terra vital,
Perdemos as curiosidades
Daquela vida infernal.

Síguenos: