As patacas do tío miserias

pataca

patacas
Esta crise levoume a lembralas outras que xa ficaron atrás de cando meniño.

Unha delas chegara as portas (1.940), é ¡De que forma! Por mais que algún bicho raro se empeñara en negalo. Hoxe que xa hai de todo para vender: “Vendo a tenda por non poder atendela”, presento a receita do Tío Miserias que pretendía no posible facer fronte as dificultades económicas que viña padecendo, si o demo non o remediaba, porque Deus se fora de vacacións é aínda non regresara.

Por si non te lembras. ¿Cantas ofertas hai de cafeterías, tabernas, negocios de comida rápida, marmeladas, azucre, etc. etc.? ¿Non preguntaches algunha vez cantas cousas poderíamos facer con elas? Pois man a obra: Aí vai a receita do Tío Miserias:
Ingredientes: Pan duro, queixo atrasado para rallar; aceite usado, previamente colado. Sal e pementón. Patacas prestadas do veciño, tamén por si acaso.

Elaboración: Cocer as patacas coa pel, é auga do pozo, sae mais barata; Pelalas despois. Ocas un pouco é recheas co queixo rallado, sal pementón e tapalas coa pataca machucada sobrante. Rebozalas con ovo batido, pedido tamén o veciño (para que saía mais barato), e co pan rallado se prepara unha capa firme de pan o arredor da pataca. Co aceite ben quente se friten ata que queden douradas. ¡Ollo! Tamén se poden facer con outros ingredientes, pero sairá mais caro.
Con ovo, pan rallado, allo picado, perexil e sal fanse uns boliños fritidos que están para comerse.

Eu, a este Tío Miserias lle chamo o chatarreiro das miserias alleas, que os hai que se aproveitan, incluso, para proporcionar chiringuitos defensores ecolóxicos con “verduras de alto estandin”.

Hoxe en día, temos magnates furgando nas miserias simbolizando certos paternalismos do capitalismo que non falan da explotación, sen panos quentes, deshumanizan, manipulan é degradan moralmente, en consecuencia co funcionamento do sistema económico actual.

Ben poderíamos falar do “escriban Fernán Caballero”, o grande novelista das nosas miserias de aldea, quen con honrosas excepcións, foron os opresores, porque sempre foi perigoso poñerse en aberta loita cos malvados. Precisamente, en “La Aldea Maldita”, rodada en tempos do agonizante Afonso XIII, se falaba da aldea que emerxía a cidade. Era a fame reflexada no gato, o cacique que vivía na opulencia deixando atrás o Tío Miserias, o egoísta e o resentido de todos.

Na aparencia un drama persoal é colectivo, causado polos prexuízos dunha fe equivocada, intolerante é cerríl. Polo outro lado, a marabilla do país das miserias foi unha superstición do medo a soidade, a través da amizade removendo as conciencias etc. Así nace:
Levantarse tódolos días coa corrupción, é deitarse coa miseria; agora ben, nos queda a esperanza dunha depuración si é que chega a tempo. É si non, seguiremos levantándonos coa corrupción é deitándonos coa miseria. Non da para mais.

Síguenos: