No paraíso das mulleres

8 marzo dia internacional da muller
Dedicado as nosas mulleres do Condado – Paradanta, que tan ben teñen cualificado o seu mundo.

Porque o ser muller favorece a súa integración laboral, a igualdade e outros aspectos; pero hoxe vou a falar de Islandia, un país pioneiro na participación das mulleres na política, dende fai algo más de 30 anos, na que unha “nai solteira”, fora elixida Xefe de Estado. Me parece gratificante no dereito do país a relación cos fillos, para a igualdade do mercado laboral.

Esta illa de xeo e fogo, con 320.000 habitantes, leva anos no ranking na igualdade de xénero do Foro Económico Mundial, proclamando o “mellor país do mundo para ser muller”. É todo isto, despois da educación, sanidade, economía é xustiza, sen deixar a política.

Leva Islandia a matrícula de Honra, fronte os veciños escandinavos. ¡Como as mulleres se robustecen en Islandia!
Socialdemócratas, esquerdas ecoloxistas, convertidas nun sen fin de leis, contra o maltrato, inspirándose no modelo austríaco. A forza do movemento feminino islandés, apuntando a independencia e na auto confianza innata, forzada por séculos, nos que o home tomaba as rendas da terra, xentes campesiñas que se tiñan que dobregar a unha natureza implacable onde o traballo da muller era fundamental…

A partir do pasado ano, coa transformación das xentes pobres campesiñas é pescadoras, emerxe un pais de desenrolo moderno. Teñen unha data gravada, 25 de Outubro do 1.975 o día da folga das mulleres convocada polo Grupo Medias Vermellas, que seguiron un 90% das islandesas dende o posto de traballo ou dende o fogar. Nunca saíra tanta xente a rúa.

Lémbrome de Gudrún Hallgrimsdottir, de 70 é poucos anos, líder do movemento. Entón as mulleres funcionaban con forza na reserva, sendo amas da casa. A elas, se lles debe a rede de garderías públicas, antes non había mais que para solteiras; participación no mercado laboral, e moitos outros logros. Incluso algúns simbólicos.

Cincuenta anos mais tarde, unha das exixencias das Medias Vermellas, a Lei da Igualdade no traballo é igual salario.
Eu me pregunto: ¿Onde están as nosa mozas educadas na universidade, saídas do mesmo ambiente? Todos eses valores poden decidir no conxunto da nosa sociedade ¡Ou, non!

Islandia é un pais segundo di Vilhjalmsdottir, en transformación abrindo os ollos os comportamentos alleos e propios, e porque nós, non loitamos así, será porque quizais os valores das nosas mulleres non gobernan. Dicía Thorlaksson, que Islandia non ten distinción de xénero, porque as mulleres foron demasiado lonxe: Poder ser, para xustificar a discriminación feminina, aínda que hoxe aínda é mellor ser islandés que islandesa. ¡¡-!! De tódolos xeitos o resultado é positivo: A discriminación salarial está prohibida, o maltrato tamén, porque as islandesas seguen loitando pola igualdade total. É ti, amiga miña ¿Que fas?

Síguenos: