A fame percorrente

fame
A pesares dos coñecementos técnicos do ser humano no século XXI.

As veces penso nos albores da década dos 70 do pasado século, que sendo mozo, tiven coñecemento das fames que padecía e padece aínda África. Lémbrome ben, dos humillantes comentarios pedindo sentimentos de compaixón é solidariedade. Despois de tantos anos, pese a tantas teorías i estratexias anunciadas polos gobernos reais, (non polo goberno oculto), de erradicar a fame no mundo, os agora negros africanos invaden os países brancos seguindo as mesmas imaxes desmoralizadoras, soportando as mesmas actitudes, padecendo a mesma indignidade. E pola idade, cada día menos esperanzados de que se poida contribuír a mellorar as condicións existentes dos mesmos, atrapados por múltiples razóns; é os africanos con coñecementos que regresaron o continente, tampouco fan moito mais, porque “ o goberno invisible”, non lles deixa e se acomodan entre os manda mais e corruptos, quedando os impotentes coa supervivencia enganados por tirios e troianos.

África, a da “caridade”, a das “axudas”, a da “cooperación”, é a escusa permanente, cando existen cidades nos EEUU. é Oriente Medio, zonas desérticas onde viven con comodidade millóns de persoas. O deserto do Sahara avanzando lentamente. Os coñecementos técnicos do ser humano, no século XXI avanzando tanto que xa é posible domar a Natureza. É si outros lograron converter seus areais, ¿Por que non os africanos?

O argumento da pobreza africana, cando é un Continente inmensamente rico, é un descaro, administrado con lacras de disipación é corrupción. É o neocolonialismo o que atenaza a súa economía unido a clase política. Para calibrar a eficacia da xestión dos gobernos, ten que desaparecer o “goberno invisible”, polos gobernos reais. ¡Sen mais!
O certo é que cando a xente fuxe a estampida, é porque deixa atrás algo peor pese o informe do Banco Mundial que fala de crecemento do PNB grazas a “baixada de prezos” e das subidas do petróleo no 2.010. De aí, a invitación do Banco Mundial a todos eles, ricos en recursos naturais para que invertan en mellorar sanidade, educación e creación de emprego

O Grupo Oxfam Internacional, pídelle o Banco Mundial que non fomente coas inversións o acaparamento de terras, solicitando a suspensión financeira para non garantir as prácticas corruptivas. Mans Unidas, dicindo “non a pobreza”; Fame e pobreza que atenta contra os Dereitos Humanos e a feminitización da pobreza. ¡Así de claro!

Síguenos: