Rogelio Estévez Cambra: “A voz dun patriota”


Recollido de “La Época”, venres 31 de Decembro do 1.909.

Sobre a carta de Grandmontgne, de “La Prensa” de Bos Aires (Arxentina), o 30 de Novembro pasado, bastante xusticeira para o esclarecido home de Estado Maura, de quen Rogelio Estévez Cambra era seu humilde admirador; quen despois de haber lido os xuízos mais canallescos para España, os homes de goberno e o rei; despois de haber sentido revulsión na sangue, ardor nas veas, ¡sede, moita sede!, de xustiza na alma, ferida en sentimentos mais caros, e os afectos mais nobres, caeron sobre min, como gotas de abundante rocío ben feito, as verbas xusticeiras do señor Grandmontagne. ¡Grazas a Deus!, agora se van calmando os nervios de home honrado, crispado pola vilanía do odio, é da calumnia; agora se refresca a miña alma sedenta de xustiza, co rocío da verdade, que Grandmontagne derramou sobre ela. É un consolo. ¡É que consolo!

A os malos españois que deshonran a Patria difamándoa, os debían conducir a vivir lonxe dela, coa prohibición absoluta de vela. Eu a deixei sendo meniño, fai trinta e tantos anos, e dende entón, non a vexo; é así como lin que Cristo fora crecendo coa túnica que levaba posta dende a nenez, así sucede que a medida que se crece en estatura i os anos, vai crecendo a Patria. É moitos anos hai que o amor a Patria, é a imaxe da Patria se desborda, porque non caben dentro de min. ¡Non pode cabelo mar nunha concha!

Son rocío, son bálsamo, son consolos, as verbas de Grandmontagne, é aínda que non son vingativo, nin debo o mal a ninguén, tamén o sentido consolo ¡Xustiza divina!, ao ver marchar presos días pasados, con antecedentes anárquicos que tanto vociferaron a raíz do fusilamento de Ferrer. Esa xente, era a que mais gritaba apoiada polos amigos da piedade, como se dixo en La Época. Agora se lles expulsa por bos. Gozaban aquí de tódalas liberdades, e se embargo, levantaron a man criminal e aloxaron as bombas. Estaban no seu papel.

Pero, nin o ruído, nin a dinamita acalaron os amigos da piedade; reaccionaron e se apagou o vociferio que criticaban a regresión en casa allea, atribuída a tiranía e prexuízos relixiosos, vangloriándose de que un pais libre non frutificaba a nociva semente do anarquismo.

Feitos dolorosos dixeron ben pronto outra cousa, é desmentiron os soñadores. Amo moito a esta República onde me criei e me fixen o que son, pero amo tamén a Patria onde fun nado, a aldea onde pasei a miña infancia feliz, chea de doces lembranzas, mais doces é mais tenras canto mais brancas se tornaba o amor de pai é o amor de nai. Ningún amor se estorba. O corazón humano e pequeno, pero é moi grande aínda que este pareza un contra sentido. Meu corazón nutre as raíces nesta República, miña Patria adoptiva, alimentando a gratitude é a realidade da vida.

Meus osos descansarán eternamente nesta terra arxentina da que non quero separarme, pero o meu espírito flotará do rueiro do berce o rueiro da fosa; alá é aquí. Onde estean os afectos estará a alma.

Este sentimento, este pensar meu, xustifican o interese que esperta en min os acontecementos mais sinxelos da vida nacional é política de España, e o noxo que me causa os que a ofenden dentro e fora dela.

Dixo Tolstoi que, comprendelo todo, é perdoar todo. O comprendo, é perdoo que inxurien é calumnien a España, os que non a coñecen nin estudan; pero non perdoo que un fillo por infante que sexa, cuspa o rostro da súa Patria que e a vez, e súa “Nai”.

Aquí queda, para todo aquel que queira e o entenda.

Síguenos: