¡Que é ser de aldea!

aldea
Unha implantación dunha minoría urbana, contra o noso mundo rural, nin mais nin menos.

E se chegou a criar, incluso, un sentimento de inferioridade na propia aldea. Ser de aldea, hoxe felizmente xa non é unha definición pexorativa, aínda que a realidade é difícil “non ser de aldea” con 31.882 entidades de poboación existentes, 14 consideradas cidades é 131 vilas. As restantes, son aldeas, quizais 21.669; 7.215 rueiros, 1.992 eidos, é 689 eidos labregos.

Aquel prexuízo de aldeán, inculto e rudo, ridículo e inferior fora un fenómeno agudizado na terra, separando a cultura entre o campo é a vila, como separación cultural.

A min que xa so can vello, non me estraña que todo isto fora unha configuración dunha especial maneira de ser do aldeán, receoso contra unha sociedade que o trataba como un ser inferior, é incluso, de culpar os aldeáns do pouco desenrolo da terra nai.

Dicía Xesús Calo que se apuntaba a causa do minifundio é o espallamento dos rueiros sen ter en conta os aspectos positivos que o xeito de vida poida ter.

Eu presumo de ser un home de aldea ¡a moita honra!, é ninguén me pode dicir que non foron cooperativistas, innatos na aldea, que xuntos resolvían os problemas en común; rachar “son de aldea” nas formas de solidariedade que preguntaba, Castelao, no seu “Sempre en Galiza”. É rendía: “Por iso a xuntanza, a unión”. Así como nas parroquias xuntábanse todos os veciños para facer o traballo a unha pobre veciña viúva, cangada de fillos, ou pra matalo lume que andaba no piñeiral ou no mato. Así deben de xuntarse para ben de todos. É como non preguntades, nin vos importa si o que morreu era conservador, carlista ou liberal, cumpría co precepto, e a axuda a facer a solidariedade; non debes preguntar como pensaban os que se asociaban. Non era para proveito dun se non para todos. E non se avergoñaban de ser da aldea, cousa que eu nunca fixen.

Avelino Pousa Antelo, como eu, cooperativistas da terra, sentimos a aldea, sentimos a nosa xente, sentimos a morte de fame é miseria dende os años 1.932.

Ser de aldea é axudar a xente a ser dona do seu ser, vinculada a aldea, é non abandonala. Ser de aldea é aspirar a vivir nela, ter traballo e os medios de comunicación axeitados. Ser de aldea é para os que somos dela, unha honra, é os hai que somos de nacemento e os que son de adopción. Por si acaso.

Síguenos: