Cabaleiros da orde do sol

Cabaleiros da orde do sol
As experiencias milenarias da Nova Era, na que estamos agora.

Hoxe dáme por lembrar a aqueles grandes construtores da nosa cultura. Da nosa Terra Nai, como única casa de todos, e daquel nacionalismo estúpido que levantaron fronteiras por todas partes.

Porque o que está a pasar hoxe, non e un cambio, se non, unha re conexión de tempos, un espertar das enerxías, como estamos observando…

¿Canto tempo pasou do 25.920 do reloxo cósmico? Non o sabemos. Si sabemos do noso tempo terrestre é ilusorio teórico, tomando posesión o 22 de Decembro do 2.012 do calendario Maia. ACUARIO, tempo de luz, que significa fe, en base a entender mirando para fora dormes é mirando para dentro espertas.

Quizais coa vellez, penso que existen dous días o ano: Un onte e un mañá. Hoxe é o día para amar e ser amado, e crecer. Vivir a través da historia seguindo os vieiros da verdade é tamén o mañá é hoxe, ou ¿Non?

O tempo noso é lento, para os que esperan, rápido para os que teñen medo, moi rápido para os que se lamentan é curtísimo para os que protestan. Pero para os que saben amar, o tempo é eterno. O alto nivel espiritual e tecnolóxico, de cando en vez, nos transmite algún coñecemento mais, en ben do progreso e da Humanidade.

Penso eu, que naqueles primeiros tempos, a terra, esta terra que tanto amamos, xa estivo habitada, fai milleiros de anos con seres vivos, con especies en outras condicións, albergando vida, como hoxe en día. É xa daquela, había guerras polo dominio do universo, do planeta Terra, é océanos que podían albergar vida.

Estou convencido que a semente dos creadores dera orixe a todo o que está acontecer. . .

Os tres mundos, físico, mental é espiritual nos transmiten coñecemento do espertar evolucionando e potenciando o noso interno coñecemento. A vida, é pois, un viveiro a seguir, onde hai pedras que entullar para seguir adiante. É non digo nada de hoxe onde hai mais pedras que nunca. ¡Quen me o ía a dicir a min!

Síguenos: