A concha da “auga bendita”

fornelos igrexa

fornelos igrexa
Facilmente lembrada ao entrar na igrexa de San Xoán de Fornelos, pola porta lateral, a dereita co recipiente da auga bendita.

Pregunto: ¿Sabedes algún de vos o que representa? Seguramente non, porque é o simbolismo da “deusa” (muller), non está na igrexa, se non en todas; construídas na realidade como o útero simbólico.

Si algunha vez ollades as decoracións de tela arañas e labirinto das catedrais é igrexas góticas, todas elas, refírese a enerxía da deusa feminina; a forza instintiva é creativa, que guía o destino do mundo. É tamén o símbolo da “muller araña”, é o zodíaco Segredo, na igrexa gótica de San Miniato, en Florencia (Italia), datada no ano 1.207.
Penso eu, tamén, que cando a miña xente entra na igrexa de San Xoán, non ten idea de que entra nun santuario pagán. ¡Así de claro! Por si non o sabiades.

Lévame todo isto ao tempo dos Templarios que xa estaban detrás da Carta Magna no 1.215, grazas aos esforzos de Aymeric de San Maur, o grande amo Templario de Inglaterra.

Debo os meus coñecementos, o francés Jean Robin, sobre a Orde do Templo é da masonería é tódalas sociedades secretas de hoxe. ¡Que non son poucas! É por lembrar, lembro as riquezas, as exencións de impostos, o control dos monarcas e das persoas influentes, empresas é países manipulando todo a través do chantaxe. É mais: Os métodos eran eficaces da manipulación pola Irmandade, creando infiltracións en todos os estamentos, é controlando os resultados. ¿Non os choca un pouco ao que está a pasar hoxe nas nosas vidas, nos nosos eido, na nosa terra, no noso país, no mundo enteiro?

Oh, fermosa inimiga
Que sen ser arma algunha
Meu corazón tomache,
En posesión túa,
Hoxe están os
mais belidos tesouros
Polo que, como andante cabaleiro,
Eme necesario roubarte.
Estas verbas
A túa pena pertencen
Bela muller,
Quizais namorada estabas,
Nunca se soubo,pero
Todos pensaban.
Termina así
A triste balada
Sobre aquel bo cabaleiro
É a súa fermosa amada.

Síguenos: