Manuel de Concha, de Cima de Vila é o seu burro

burro
Unha lembranza para o parente Manuel, é un homenaxe para aquel burro fariñeiro.

Neste pequeno traballo quero expresar a miña lembranza a este home do rueiro de Cima de vila, no Fornelos dos meus pecados, e daquel burriño fariñeiro coas súas antenas (orellas). Duros, drásticos, bichos malvados, ¿Quen de vostedes encomenda a defensa deste reino do burro? O rei da selva é o león, o golfiño, intelixente tras nos, o can, fel servidor, e o noso asno, sempre laborioso ¡Que! Nos microbios do demo, son doces penurias ¿Cantas? ¡Home! Son torpes de entendemento, si, é tivo que escoller os ollos para manifestarse cando o noso cerebro puidera revelarse. As razóns son: O León, rei da selva, claudicou do seu reino para engaiolarse é ser o faime rir do circo. Negouse o golfiño a deixar a seguridade do mar, é correr para terra. O can, preferiu a garantía da comida o lado do amo, é o borriquiño, escolleu ser escravo, pero non te esquezas que coas súas grandes orellas (antenas), pode estar escoitando sinais dos astros mais aló do que pensamos.

Votei un sorriso, despois de tantos anos, lembrando o Manuel de Concha, de Cima de Vila, e do camiñar do burriño, unha mañá soleada que ambos interpretaron como “estrelas” polo rueiro da Loña, adiante, rumbo a tenda de Ron, no Casco, en busca de tabaco que xa non tiña.

Aquel burriño era para Manuel a afirmación da esperanza, pero claro, a interdependencia era obvia, é tal vez, co asno, camiñaban ámbolos dous camiño desa esperanza.

Hoxe, despois de tantos anos, no ámbito da realidade, motor do sentido, aquel que move o ser humano, chega, sen saber por que, a Manuel Castro Presa, o home de Concha Estévez, de Cima de Vila, filla de Pepita da Laxe, irmá de Rogelio Estévez Cambra e da miña avoa Rosa.

Este home pensara remendar as pernas co burriño fariñeiro en defensa da vida, dentro do respecto o burro, da esperanza como así foi durante un tempo. Aquel animaliño xamais se mostrou arisco, na plenitude, tampouco protestou nin se lamentou nunca. No umbral da súa ancianidade, Manuel chegou a comprender algunhas cousas, outras quedaron na profundidade de si mesmo: na vida.

Un día, non sei cando, Manuel de Concha, precipitouse na escuridade, lanzou un berro de “viva a vida”, é se foi camiño das alturas, con un mensaxe de paz, para todos nos é para aquel burriño que tanto amara.

Ninguén puxo en dúbida a axuda do burriño, que o final de “viva a vida”, se foi onde non sabemos, eternamente. D.E.P.

Síguenos: