José María Estévez Cambra: Fai 15 anos na Arxentina…

Arxentina Politico Mapa

Arxentina Politico MapaFai 15 anos denunciabas publicamente, as novas medidas económicas na súa Arxentina, e a repercusión dos diversos sectores produtivos rexeitando as medidas.

Entre elas, estaba, a plantexada polo meu familiar, avogado, José María Estévez Cambra, arxentino, que pedira se declarase a institucionalidade do dereito, que dispón a inmobilización dos depósitos, caixas de aforro, prazos fixos, é ademais, inversións bancarias de particulares. Para este meu familiar, se trataba dunha verdadeira confiscación prohibida pola Constitución Arxentina.

Economistas, políticos e empresarios expresaron fai quince anos, as inquietudes é rexeitamento, as novas medidas económicas, mentres o goberno satisfeito, manifestaba “calma”, coa reacción dos bancos, é a cidadanía, cos distintos sectores, coincidindo en “alertar”, o forte golpe recesivo, que levaba aparellada a medida.

Uns consideraban fai 15 anos, que a restrición so axudaría a xerar mais recesión, maior desemprego, despido de traballadores, deixando unha trampa a quen non puidera sacalos cartos antes deste tempo.

Hai quen dixo que, a desocupación ía a chegar a estratosfera; outros, so serve para protexer o sistema financeiro profundando na recesión de ser violados do dereito de propiedade.

Houbo quen dixo ser unha oportunidade moi mal san é indesexable para a xente, é que a última que tiña o goberno de convencer o resto dos dirixentes da administración do sector público.

Fernando de la Rúa, estaba moi desilusionado e non encontraba camiño, o goberno andaba sen norte é non sabía que facer. ¡Que casualidade!, o mesmo que nos está pasando a nos.

Un bispo dicía que non axudaba a pacificación e crecemento, que creaba unha atmosfera pesada e complicaba a convivencia, pois que olle para nos, como o levamos. O bispo era arxentino, os nosos non din nada, porque nada lles falta.

O meu familiar pensará como eu, que despois de 15 anos, nos , un pouco menos, cada vez estamos mais empobrecidos, sen traballo, os novos universitarios emigrando. Total: Un pais sombrío e sen futuro. É aquí onde nos encontramos agora. Así que José María, como ves, ambos asistimos o colapso do sistema financeiro, o compás da espera, que mellore a situación aínda que penso, xa será un pouco tarde. Xa me dirás si teño a razón ou non.

Síguenos: