As mulleres de Fornelos da Ribeira

mulleres aldea
Dedicado a Elda Marin e veciñas que me seguen.

Lémbrome delas, daquela vida do fogar e traballo no campo, que merecida teñen a lembranza.

As familias da nosa aldea, ou parroquia de San Xoán de Fornelos, non se pode deixar a un lado o estudar de que maneira os emigrantes, que non foron poucos, preservaron a identidade cultural, o mesmo tempo que adoptaron a sociedade receptora na América. Tamén as nosas mulleres contribuíron en ambos procesos é de múltiples maneiras.

Hoxe como onte, lémbrome dos seus traballos domésticos de subsistencia familiar, das costureiras, dos xastres e zapateiros; é tamén dos que traballaban de xornaleiros a seco ou non. Fora aquela escola de nenas e nenos, patrocinada polos emigrantes fillos da terra, a encargada de socializalas, na cultura, na familia con rasgos de comunidade para transmitilos os fillos. Aquelas mulleres de Fornelos axentes culturais da tradición, do falar na lingua, do sentido amplo dos valores é relacións esenciais nos procesos de formación da aldea, nos espazos domésticos con forte tradición xenealóxica. Testemuñas como aplicadas as representacións vinculadas no ámbito colectivo.

Cada día que pasa, non deixo de lembrarme desta aldea de Fornelos da Ribeira, da participación das mulleres entre espazos familiares e comunidade local. A participación hoxe, no conxunto de actividades coas asociacións culturais e de veciños, sen deixar atrás as deportivas co “Progresista” que conforman hoxe os espazos da nosa aldea.

Naquela escola pública sufragada polos emigrantes en Bos Aires, se ensinaba labores, como atender a economía doméstica, ler, escribir, sumar. . .

Na “Casa do Pobo”, estaba a integración das xentes coa participación benéfico instrutivo. As festas e romarías, momentos de sociabilidade e creación, evasión e fantasía. Aquelas romarías que dende o 1.880 ofrecían distracción honesta, e que a partir do 1.900 empezaron a despexar actividades en conxunto cos homes por 1.920.

Hoxe, as mulleres da nosa aldea, destinatarias da política activa, son as protagonistas do rol que lles tocou vivir. Delas depende a nosa aldea.

Eu síntome emocionado como estas activas xestoras, mais aló dos feitos, se converten nunha necesidade da supervivencia cultural. A carballeira de As Fraguiñas, é un exemplo natural e símbolo das nosas mulleres ante o aplauso xeral de tódolos veciños. ¡Adiante!

Síguenos: