As tabernas – tenda, da miña terra

bar tenda

bar tenda taberna
Nos meus tempos eran a do Churreiras é Guillade nas Fraguiñas; a do Manolo de Concha en Cimadevila, e Pepita das Caneiras en Martín. Non me lembro mais de outras si as houbo.

A historia das “tabernas- Tenda”, naceran na noite dos tempos. Pasaron anos, e grazas o cúmulo de informacións sobre esta pequena historia, descubro que si, xa existiran algunhas que Pedro Vázquez de Puga, procedente dunha familia fidalga, asentada en Cequeliños, no Concello de Arbo, dispuña de finca con viñedos, onde mercaban o viño para as tabernas de entón.

Mariano Peláez Muñoz, de Becerril de Campos (Palencia), montara unha Taberna en Bouzas, cando Bouzas era un pequeno núcleo pesqueiro. Xa daquela, tamén en Fornelos había taberneiros.

A historia da taberna provén do refrán: “Zapateiro aos teus zapatos”, que reflexa o saber da experiencia, en épocas de cambio, que aínda que eran lentos, sabía mais o “demo” por vello que por demo.

A nosa parroquia (nalgún tempo concello), como outras, estaba baseada en normas, costumes é circunstancias tradicionais, que non lle resta vigor e dinamismo, a unha parroquia inquieta, como a era e foi sempre a nosa parroquia.

Hai que ter en conta que Fornelos foi é, e será, un abanico de aspectos: emigratorio, económico, folclórico, para xurídico é moral, onde o rueiro de As Fraguiñas operaba como centro comercial con dúas tabernas, Churreira e Guillade, taller de zapatería, xastrerías e costureiras, nos meus tempos mozos.

A unidade real é moral viña expresada polas diferentes sociedades que houbo.

Era eu meniño, cando Saborido (pai), Manolo Monteagudo, Silverio Rivera, O Carrameixo, Verderol é algún mais que xa non me lembro, pasaran dos fiadeiros é seráns…

¡Que tempos aqueles da luz do candil! Tempos de “pan é candil”.

Tanto na taberna do Churreiras como na de Guillade, eran habituais tomar unhas cuncas de viño, pero tamén cantar cantigas que hoxe se foron perdendo; unha pola ditadura franquista: “Prohibido cantar e blasfemar” é outras perdidas polo tempo.

Indagando na Galicia do Catastro de Ensenada, encontreime coa importancia que tiñan as tabernas no século XVIII. Nos protocolos notariais me permitiron obter unha imaxe das tabernas. A pobreza agrícola de Fornelos a partir do século XVII obrigaba a desenrolar actividades para reforzar a súas precarias economías.

Dicía o meu sempre amigo Xosé Posadas: “Aos soberbios é melancólicos borrachos de sombra negra”… que saben porque beben os viños nas tabernas. É Celso Emilio Ferreiro cando nos comentaba que fora a Ribadavia por beber do bo viño tinto, tocou o bombo e cantara naquela taberna. ¡Que pena que non fora nas nosas!

Atrás quedaron pois, as tabernas tendas, de Fornelos, coma sempre “no caixón da raíña Urraca, no Castelo de Salvaterra”. Hoxe xa non queda aquel cheiro a viño, para probar o último tinto que habería dado as viñas e para felicitar a Nosa Señora das Tabernas.

Aínda que non, me lembro daqueles anos da ditadura franquista que dicían: A taberna aberta e a igrexa bacía, polo que se ordenou pechar as tabernas ata que a xente saíra da misa.

O mundo da taberna en xeral, constituía un espazo profano en oposición a igrexa. De aí, o Canon terceiro do Sínodo Compostelán do 1.289 onde se prohibía os cregos entrar nelas é se impedía abrilas durante o tempo da misa. ¡Xa choveu!

Resumindo esta historia das tabernas, non sei que farían os señores de Ozores, Sarmiento, Álvarez de Soutomaior coas súas xurisdicións é explotacións das tabernas, onde eles vendían o viño para atender o “avituallamento” da parroquia.
“Se non bebo na taberna folgome nela”. Aquí queda.

Os romanos gozaban xa destes establecementos, é as tabernas se mantiveron ata os nosos días en que sen saber o por que foron desaparecendo…

Eran o centro regulador do abastecemento de viño é servían polos anos do 1.769, (mais ou menos de cando se inaugurou a Igrexa de San Xoán), como servizos municipais. No seguinte século se esixía a venda de carne, aceite, pan e velas, desaparecido no 1.811 en virtude das disposicións ante señoriais, emanadas das Cortes de Cádiz.

O que hoxe parecería un absurdo, naqueles tempos non se podía mesturar viño branco con tinto, nin “facer embustes, nin enganos”, se non, que cada un vendera por si; así de bo como o outro.

Na R. Audiencia de Galicia, se expide unha Provisión contra os que se opuñan o estanco do viño, autorizándose que o mercara onde quixeren.

Hai unha historia relacionada co volume da poboación, do consumo e dos camiños. Os remates se facían os taberneiros, pero non faltaban cregos que polo ano de 1.783, persoas con “don” facían subarrendos. Entre os anos 1.785 ata 1.788 a puxa fora moi rifada segundo dicían.

Síguenos: