Imoslandando…

pomba

pomba
Certamente, imos la andando. Xubilado. Cos achaques propios da idade.

Peso nas posibles doenzas que poidamos atrapar. Cantas veces me poño a filosofar, sobre o sentido da vida, e analizo o meu arredor as xentes, o que fan e deixan de facer, e moitas veces non me gusta o que vexo.

¡Cantas cousas ves, cada día, que parecen falsas!

Analizo as veces o que escribo, mentres estou coa xente da miña terra natal, Fornelos da Ribeira. Lémbrome daquela vez…

Cando soñei coa miña vida final,
Cando me dixeches adeus,
O meu corazón se afogaba na dor,
Na habitación.
De onde xa non quería saír.
E ti ías camiñando
Co chanto,
Ocupando o meu lugar.

Traducido o inglés: It´s fine with me ¿Podería ser?

Venme a memoria a miña irmá Pepiña Saturnina, cansa de facer polos demais, o que ninguén se lle ocorre facer por ela, se tiña que ir é non sabía cando volvería. Non ven xamais.

Tiña de todo, pero ultimamente estaba triste é desolada, cansa, por primeira vez na vida. Os seus 81 anos custáballe levantarse polas mañanciñas. Non sabía ben o que estaba a pasar é resistía afrontando o problema. Ata que non puido mais.

Unha noite, convertida nunha ola a presión que estaba a punto de pitar, ía a rebentar camiño do hospital, deixando de “imos la andando” para poñer seu punto final.

Non puido mais.

Pero ¿Como te vas irmá?

¿Por que te vas?

Xa non lle gustaba a vida.

É se foi para sempre, sen saber si volverá. O demais, amigos, é tan fácil como abrir ou pechar unha porta despois. Marido e fillos arranxaron todo; a partes iguais, esta historia da vida. Esta vida que é unha escola de aprendizaxe. Tódolos días se aprenden cousas.

Pola miña parte, imos la andando aínda que me falte miña irmá Pepiña.

Síguenos: