Onde ai moscas…

mosca

moscas¿Ai calidade de vida?

Na nosa aldea o levaba mal, soportando a tiranía das moscas, dentro daquela calidade de vida.

Todo o mundo sabe o molesto que pode resultar unha mosca insistente, é polo tanto, custa demasiado imaxinar o nivel de ansiedade que acumula a xente nos fogares, cando pululan a diario un centenar de insectos.

Non me esquezo, daqueles anos da post guerra, na miña aldea, como sempre de Fornelos da Ribeira, onde as xentes vivían coas portas pechadas aínda que as moscas encontraran a maneira de acceder a elas. No rueiro da Loña, camiño de Cimadevila, se acentuaba o problema coa humidade da charca. Ninguén sabía de onde saían as moscas, o gando, o abono, utilizado nos campos, todo era posible. Incluso no noso eido, que non tiña nada de eso.

Hoxe, non sei por que, din que onde ai moscas ai calidade de vida. Quixera velo.

Xa son mais de 86 anos, e me pregunto: ¿Por que a Natureza crea moscas? Pois ben, hoxe podo dicir que por tres razóns: Un polos lazos afectivos, outra, polo sentido da vida, e finalmente, porque seguen existindo como unha incerteza que é a morte.

Non sei quen me dixo: Sempre ai un “reverso” para cada “anverso”. Será por iso.

Síguenos: