A igrexa catedral nosa Señora da Mercé

quixote
Ligada a vida do escriban Rogelio Estévez Cambra polos anos de 1.895. Ubicada no centro histórico de Bahía Blanca, patroa da cidade, iniciada en 1.900 é rematada no 1.916/1.920 foi un expoñente claro da vida de Rogelio Estévez Cambra, católico fervente.

Quixo a sorte que do “baúl dos recordos”, aparecera unha fotografía desta Igrexa Catedral, enviada polo meu tío avó, con motivo do Congreso Eucarístico, hoxe Monumento Histórico Provincial, que emerxe coas súas torres (Bahia Perdida: Maio 2.012)placidamente no seu rueiro.

Pola Bahia Perdida, funme documentando de como nese tempo Rogelio Estévez Cambra, era nomeado escriban (notario), nacía a “primeira escola primaria” que logo sería de “Artes e Oficios” fundada pola señora María Isidora Burañes é seu marido Luís dÁbreu.

Rogelio Estévez Cambra, asistira a inauguración do templo e impáctante cos festexos do presidente da República Arxentina, Luís Sáenz Peñas é monseñor Juan Cagliero, co Mestre de Guerra, Luís María Campos. Cen anos despois, o 11 de Abril do 2.010, veciños da cidade procederon a retirala a caixa de chumbo é colocala debaixo do pedestal da estatua o 25 de Maio do 1.910. do Xeral Xosé de San Martín, co gallo do Centenario.

Este monumento a Rivadavia, no centro de Bahia Blanca levaba o nome, dende 1.882 xa que outros foran inaugurados no 1.928.

Pola Nova (La Nueva Provincia), estaba ligada a Roxelio Estévez Cambra, souben da celebración da Nosa Señora da Mercé. Nalgunhas fotografías de Bahia Blanca e a súa Historia, puiden observar a rúa onde morara, Chiclana 347. Historia, memoria e esquecemento do século pasado. Fondo Comandancia do Arquivo Histórico da Municipalidade de Bahia Blanca, en tempos do meu tío avó. Servinme tamén, da conflitividade xurídica (Tres Arroyos 1.868 – 1.900) que me fixo entrar no estudo das prácticas sociais, na cultura xurídica e nas institucións estatais. Por aquelas datas o seu irmá José María Estévez Cambra, dispuña dunha librería chamada “Cervantes”, quizais en honra de Don Quixote de la Mancha e Sancho Panza, habida na librería do seu avó Clemente Francisco Cambra e Vilas, na súa terra natal Fornelos da Ribeira, axudando o crecemento da cultura daquela sempre lembrada terra.

Síguenos: