A memoria dun xubilado

anciano fornelos
Dedicado a tódolos republicanos de Fornelos da Ribeira, que honraron a miña familia, respectándoa e defendéndoa a pesar de ser católica fervente.

Eu fun nado, no eido de Cambra, no rueiro do Casco, no 1.932 case que co nacemento da II República Española, e polo tanto republicano. É como tal, hoxe deume por reproducir aquelas testemuñas, como as cancións republicanas, nadas a luz do 14 de abril do 1.931.

A historia e ben sabida. Proclamada a República, o 14 de abril do 1.932, Alfonso XIII tivo que saír para o exilio. Aquí nace o entusiasmo e a esperanza dun cambio que nos colocara nun pais moderno. Anos confusos en contradición cos que nacían e morrían, contado no poema de Antonio Machado:
“Xa ai un español que quere,
Vivir e a vivir empeza,
Entre unha España que morre,
E unha que bocexa…”

Aquela esperanza tivo enfronte aos terratenentes, a grande burguesía, o clero é o exército, que non puideron co entusiasmo das bases populares, artistas, intelectuais é unha boa parte dos músicos en clave de evolución artística.
A enorme popularidade de “La Goya”, “La Farina”, “Laura Pinillos” é “Raquel Meller”, foron un exemplo. No 1.931, cae o cuplé e os novos ídolos da República, “Concha Piquer”, “Miguel de Molina”, “Angelillo”, “Imperio Argentina” é “Estrellita Castro”, marcaron a música popular, ata os anos 50. Mais ou menos.

A recompilación de Xavier Quintero de León. Enriqueta Serrano, a tripla cómica e cantante, quen co nacemento da República casaría con Pablo Sorozabal no ano 1.931. Participa no Teatro Victoria de Barcelona con “Katiuska”, posteriormente con “La del manojo de Rosas”, “La tabernera del Puerto”…

Enriqueta Serrano, nos deixou mostras do seu simpático republicanismo. Pepita Ramos, Goyita. Xoaquín Belda, periodista, humorista e pioneiro da novela erótica: “El Sultán de Recoletos””La Suegra de Torquino”…

Carmelita Aubert, quen en 1.935 con “Abajo los hombres” e “Clemencia”, nos deu a entender como unha liberadora da liberdade coincidente coa sublevación de Asturias. Aquela sublevación militar do xullo do 36, a pillou en Portugal, onde morreu. O autor de “Comunista”, Rafael Ortega Lissón. A sublevación de Xaca, 12 de decembro do 1.930 sobre o que Antonio Machado escribira:
“A primavera está vindo,
De brazos do capitán,
Nenas cantade a coro,
Viva Fermín Galan.
A primavera está vindo,
E Alfonso se vai,
Moitos duques lle acompañan
Ata cerca da mar.”

Os heroes de Xaca, no ABC do 2 de maio do 1.931, a “Masellesa” e o “Himno de Riego” atentos a actualidade. Nace “Doña Francisquita”, de Amadeo vives, exiliado polo franquismo.

A UGT e CNT, son intérpretes da República. Nace “Marcial es o mais grande” e “Ai vai eso”.
Francisco Gallego,”Paco Galleguito”, autor cómico e moitos mais…

Xa na terceira década do século XX, aparece a Xota aragonesa con Xosé Oto e Felisa Galé. Todo cos novos ventos da República do 14 de abril do 1.931, coa profesionalización dunha nova conciencia proletaria.

Xosé Cepero e Luisito Maravillas, cantaron tarantos, recopiados despois no “Cancioneiro da Nova Resistencia Española”. Coplas en xustiza expresivas do pensamento, sobre os mecanismos do poder relixioso e xudicial:

“Para a audiencia van os pleitos,
Un verdade, outro non;
A verdade perde o xuízo
“Que o diñeiro mandou”.
Hai un escrito con carbón:
Aquí se pide pa Cristo
E non se da nin pa Deus.
Me o collen, me o prenden
O que rouba pa seus fillos.
E o que rouba moitos miles
Non o encontran nin os trasnos,
Nin tampouco os civís.”

Manuel Vallejo nado no 1.891 figura destacada, gravara no 1.931 unha saúdo republicano. Pedro Martín o “Chato das Ventas”, morto na cárcere de Cáceres, por simpatía republicana.

Daqueles versos, naceron:
“O que viva no ano dous mil
Verá con asombro, tempos cambiados;
Pois non haberá falta de albaneles,
Inda que haxa goteiras nalgún tellado.
As “niñeras” serán suprimidas,
Porque os nenos virán criados,
E nos parques e avenidas
Xa non estará os soldados.
Os políticos non terán vida
Porque o congreso estará derrubado
E naquel momento todo será aprobado.”

Non cabe a menos dúbida que unha transformación social había na política e unha toma de conciencia adquiría sentido e madurez nos seis anos, escasos, da II República, pero co levantamento e a Guerra Civil, fixeron a historia da fame e retraso no que estivemos implicados tódolos nenos do país. Mais claro auga.

Síguenos: