Merlin e Taliesín, en Fornelos da Ribeira

merlín
Son uns persoeiros que aparecen na literatura medieval e que Álvaro Cunqueiro dedicou parte da súa literatura.
Merlín, é popularmente moi coñecido como o mago conselleiro e mestre de Arturo, pero non debemos esquecer o valor máxico que lle outorgan os “celtas”, a verba, e a elocuencia, polo que non é disparatado falar de poeta mago. No Libro Negro, de Caermarthen, encontramos a Taliesín, metade poeta é lendario real, que puido vivir no século VI.

Entendo eu que, Taliesín escribira “Su Batalla de los Árboles”. É, escrudiñando na historia, se di co nome do verdadeiro Merlín é Myrddin Emrys. Taliesín, e un druída que casara coa princesa da Atlántida, tamén druída; da súa unión nacera Merlín.

Enteireme do asasinato de Taliesín; e que Merlín pasara súa adolescencia nun pobo primitivo, algo así, como anano, onde aprendera coñecementos de maxia. O casamento de Merlín, e a morte da súa dona, a mans dos invasores, é fora, entón, cando se producira a “batalla” tras a cal Merlín, perdera a razón e se refuxiara no bosque.

Non me estraña nada, o tempo invertido por Álvaro Cunqueiro, na historia de Merlín é Taliesín, ámbolos dous grandes druídas que existiron de verdade, deixándonos escritos e profecías que Cunqueiro aproveitou para encher a nosa “Historia Celta”.

Parece ser que Merlín profetizara a chegada de Xoana de Arco, é Taliesín, c os seus poemas. Este é patrón dos druídas, bardos e trobadores, é Merlín, a dicir de Álvaro Cunqueiro, o “infinitamente mais coñecido”.

Eu dou a mais cálida benvida a nosa asociación cultural e veciñal de Fornelos e Lourido, para que o “teatro”, ofreza a nosa xente o mellor das artes escénicas, como o fai o “Taller e Clases para a Xente Nova”, coa súa “Escola de Teatro Tri.art”, que inclúe baile, teatro, clases de baile e talleres de vacacións para nenos e mozas e mozos, explorando as variedades técnicas dramáticas, etc.

Cando isto suceda, Merlín e Taliesín, chegaran a nosa parroquia, repleta de misterios, enlamados polo Demo, ilicitamente corrupto con unha monxa.

A historia di que acabou seus días no bosque de Brocelianda (Bretaña), recluído nun árbore pola súa compañeira Nimue. É quizais nós, no Coto de Sa, o pe dalgún eucalipto de fondo.

É aquí acabouse a historia por hoxe.

Síguenos: