O rueiro da mámoa, de Fornelos da Ribeira

tumulo funerario

tumúlos funerarios
Ou medoñas que foran túmulos funerarios naqueles tempos.

Eran a dicir das xentes, un amoreamento de terra e pedra, en forma circular de forma que buscaba a continuación de varios enterramentos. Hai mámoas en moitos rueiros onde houbo cultura megalítica, como neste caso; o arredor da mámoa houbo lenda como a que di, “si aparece unha galiña con pitos debaixo do dolmen na noite de San Xoán, se converten en ouro”, ou que nelas ai escondidas potas que poden ter ouro ou veleno.

O rueiro da Mámoa de Fornelos, como outros, proceden do diminutivo latino mammula, órgano glandular das femias dos mamíferos; tamén se usa mamoinae, e mamoela. Tamén podería vir da voz latina meta, en galego “meda”, que todo o mundo sabe como é ou como se fai.

A historia do rueiro da Mámoa de Fornelos, xirou, como o resto, en torno as políticas matrimoniais que tiveron seu fin, a entrada na escena das novas realidades, participando activamente nas actividades na Carballeira de As Fraguiñas, como o resto dos rueiros.

Venme a memoria, as verbas de Víctor Hugo (1.802/1.885), na que o falar destes rueiros “produce unha inmensa tristeza, pensar que a natureza fala mentres que nós, o xénero humano non escoitamos”(www.voznatureza.com)
Otero Pedrayo, falaba das nosas irmás celtas que obedecían a chamada do “oeste”, porque aquí na Mámoa de Fornelos, orientaron sempre os eidos onde camiñaba o futuro.

Repasando unha revista de Filoloxía Española, encontreime con varios estudos protohistóricos de Mámoas, é notei que faltaban restos sensibles da de Fornelos da Ribeira. O que supuñan os eruditos celtófilos do século XVIII, haber perdido o sentido da época romana “mámoa”, chegando a nosa terra documentos medievais que distinguían: Ano 907 a “mámola Terrenia”, é no ano 1.258 a “mámoa petrosa”, que Otero Pedrayo recollera “do matorral”, é “Monta” en Corzáns (Salvaterra).

Cuevillas é G. Leisner propuxeron unha clasificación das mámoas nos distintos períodos evolutivos que dende Portugal a chegaron a nosa terra a partir do século V antes de Cristo. De Grande valor simbólico como signo de prestixio.
Coa División dos Bispados no que se establece o uso de demarcacións de rueiros, montes é castelos no 1.609 o rei Felipe II, na procura de tesouros, autoriza a violación de milleiros de mámoas. E así quedou o noso rueiro de “A Mámoa de Fornelos da Ribeira”.

A Chegueime a Comisión de Antigüidades da Real Academia da Historia de Galicia, buscando información, sen éxito. O que si é evidente e a sinalización da paisaxe dende o Neolítico, na idade no que o home se vincula e inquieta por facerse agricultor co terreo. Constrúe a “mámoatumulo funerario” ligada o campo, pastos etc. a través da memoria de seus pais. É foron os espíritos dos pais os que sinalizaron e humanizaron o rueiro que chega ata hoxe.

Síguenos: