O río do tempo, Manuel Estévez Cambra

tempo
A meu pai, Manuel Estévez Cambra.

No ano que fun nado, xaneiro de 1.932, a dereita católica, da que meu pai formaba parte, constituírase, coa URD de Vigo, con Manuel Roel, Melchor Viso, Eliseo Sastre, é Victoriano Ballesteros, baixo a bandeira: Relixión, Patria, Familia, Prosperidade, Orde e Traballo. A primeira xa estaba clara: Coa relixión se asentaban tódalas demais.

No Hotel Moderno, o 9 de xaneiro do 1.932 fora elixida a primeira directiva baseada na relixión, e os que teñan vergoña dela, que se quedaran nas súas casas. No mes de abril nace a Unión Rexional de Dereitas de Vigo (URD), da que meu pai toma parte. Por aqueles tempos vivía enriba de La Favorita, fronte o Mercantil, onde vivín e me formei eu durante vinte e tantos anos, pero¡ o sinto! convertido en republicano liberal, ata os meus últimos días da vida, baixo a inhibición e o egoísmo da xente “acomodada” que se situaba é se sitúa aínda hoxe, o fronte dos programas da dereita.

A URD decidírase no 35, transformarse en ACCIÓN POPULAR, e coa asistencia de 60 afiliados xunto coa directiva anterior : Celso Méndez, Arturo Enríquez, Melchor Viso, Telmo Pérez, Zunzunegui e outros, designaron os novos dirixentes, Mariano Llorente, Tomás Santoro, Manuel Estévez Cambra (meu pai), Xosé Torrado e outros que figuran na, Carpeta SOC,12 AMV.

Nada me estraña do meu pai, interno no Colexio San Matías dos Salesianos, onde era atendido con sumo “mimo”, polas aportacións que facía a familia a causa salesiana. ¡Quede claro!

Por aqueles tempos, ademais, se despregaba unha grande actividade benéfica, política é relixiosa, na que aparecían entre outras, Margarita Losada (que tratei), por certo unha boa pintora; Lolita Padín, Teresa Pazó, e a marquesa de Casas Novas é outras como María Salgueiro, presidenta da Sección Obreira, que, segundo dicía Grandio Seoane, “no seu funcionamento práctico non era mais que unha agrupación de escaso poder, determinada pola actividade social que desenrolaba”.

Tal, coma hoxe, se falaba da covardía cidadá, é se dicía “que era necesario despoxarse do temor é soster os ideais con valentía”; mais ou menos como agora mesmo, tamén se falaba do PAE nos que estaban representadas as actividades económicas, profesionais e culturais da cidade.

Xa o dicía Gil Robles: “A unión das dereitas se impón polas causas: Nosa común repugnancia a unha” Constitución anacrónica e ante nacional”, e o noso común perigo fronte o inimigo marxista. Gil Robles quería o poder e nos o Estado. Así lles luciu o cabelo a uns é outros.

Hai moita tela que cortar é moita historia que contar, pero me quedo con “El Pueblo Gallego onde traballei como reporteiro local, no que insistía na importancia vital da participación do campesinado que constituía as ¾ partes de Galicia e que era necesario revitalizar.

O lembrar a meu pai, neste” Río do Tempo”, o fago tamén para todos aqueles que de mozo coñecín, como Urbano Troncoso Domínguez, Armando Pérez Viondi, é Manolo Goicoechea que para eles vai esta miña lembranza tamén (D.E.P.). Todos aqueles que xa non están con nós.

Síguenos: