No río do tempo, Clemente Estévez Cambra

tempo
Fillo maior do licenciado Ignacio Estévez de Castro e Rosa Cambra Rivas, filla de Clemente Francisco Cambra Vilas, profesor de Cirurxía, como reza no panteón familiar, meu tío avó, irmá maior de Rogelio Estévez Cambra, emigrou a Arxentina onde tiña xa tíos paternos, asentándose posiblemente en San Xoán da Fronteira, polo 1.868, cando este tiña unha poboación de 7.661 individuos distribuídos entre casados, viúvos, solteiros é párvulos.

É, para min, importante resaltar que Clemente Estévez Cambra, dispuña de ingresos relativamente bos, que lle permitía cubrir as súas condicións sociais. Todo baixo reservas ¡claro está!. Tamén o imaxino escapando dos rigores laborais, o brazo opresor da lei e as levas laborais orientadas a conter os ataques dos indios do sur, encontrando o “Pago de San Xoán”.

Nos estra muros, comezaba a “terra de ninguén”, na que se impuña a lei do mais forte, é onde estes homes, foron os protagonistas da súa propia historia. Os habitantes, naqueles tempos, de terras agrestes ían impondo normas socializadoras que escapaban do brazo regulamentador do estado. Así que, polo ano 1.784 Andrés Cornejo, definiu un bando, de “certo mandato público” con autoridade lexítima, entre as que destacaban: A prohibición de levar armas, correr polas rúas a cabalo, a expulsión de vagabundos e folgazáns, vender viño e augardentes nas pulperías, etc.

De datos recollidos nos diversos medios escritos, Clemente Estévez Cambra, chegou a ser “tenente corrixidor”, nomeado polo Cabido Local, é mais tarde administrador de tabacos naquela vila. Por 1.855 coa proclamación da súa independencia de Cuyo, Clemente Estévez Cambra, con outros españois chamados “fillos da terra”, se asentaron nela un 20 de Xullo do 1.868 restablecendo a municipalidade da cidade de San Luís.

Hai que dicilo que San Xoán da Fronteira, se dedicaba a agricultura e gandería.

Non moi lonxe andaba tamén o seu tío presbítero e cura párroco de El Azul y San Caetano Xosé María Cambra e Rivas, introducindo correntes colonizadoras, tendo entendido que os veciños afincados alí, recibiron propiedades en calidade de mercé, en forma de so urbano, terras é estancias…

O estou imaxinando na Exposición Nacional de Córdoba no 1.871 durante a presidencia de Domingo Faustino Sarmiento, familia oriúnda de Ribadavia (Ourense).

O arribo de tantos emigrantes como el a estas terras, levou un incremento nas actividades realizadas con métodos rudimentarios e esforzos individuais.

Hoxe, nun mundo globalizado o meu desafío de historiador é reconstruír todo o suceder da miña familia espallada por Arxentina, dende a súas saídas de Fornelos da Ribeira, abordando as súas vidas, que non deberon ser moi doadas, rastros daqueles camiños de po que levantaban as carretas, augas estancadas, imposibles de beber, invasións de indios que entre nubes de po e o resoplar destes, desbastaban todo o seu paso. Nestes tempos se viron implicados os gobernos locais de San Xoán, Mendoza e San Luís, cando xorden os primeiros latifundios é estancias en Barracas, Carriral, Tumuyán, Corocorto, Guanache, Jáchal, Tontal, Mogna, Anguco e Ullum. Pouco a pouco, irei obtendo datos desta miña familia para completala historia destes fillos de Fornelos da Ribeira.

Síguenos: