A milenaria, lacidarium, lazoiro e hoxe, Salvaterra de Miño

lazoiro
Os meus amigos da Asociación Lazoiro de Salvaterra.

A primeira información de “Lacidarium” nace o 24 de Maio do 991, co outorgamento a Igrexa Compostelá, do señorío e val, por Bermudo, herdado do seu pai Ordoño II.

Xa en 1,218 con Afonso IX, existía Lacidarium, coas guerras de Urraca e Tereixa de Portugal. Logo, a doazón do 5 de Setembro do 1.125 de Tereixa de Portugal, outorgando o bispo de Tui, igrexa e cotos tudenses, concede o coto do Miño (Lazoiro), que chega ata a desembocadura do Miño, “incauto etiam vobis flumen Mineira vila de Lazoiro, usque ad flumen ipsus Minei, ita quod nullus audeat piscare in ipso flumine sine maiordomo vestro, et nullus habeat navem conductibian in portu de Tuda exceptis volise”, que confirma Gómez e Fernándo Yañez, probando que Tereixa e a posuidora da comarca, e que Gómez está na corte portuguesa.

A carta non especifica o rueiro na que fora redactada, pero e de supoñer que fora aquí ou si acaso en Tui. Reza que Tereixa de Portugal, se apoderara da nosa terra a “fines Galleitrae armato exercitu invadebat, et civitem, atque Castra Portugaliae adjacentia Tudem scilicet, et alia, suo inri atque dominio violenter, subjugabat; municipia etiam nova in ipsa terra ad inquietandam et ad devastandame patriam, et ad rebellandum regi aedificari facie bat”, segundo IV Historia de López Ferreiro.

Comprobado que no ano de 1.112, Fernán Yañez está na corte de Urraca, confirma o Coto do Miño, o 5 de Setembro do 1.125 participando en importantes empresas militares. Logo, con Fernando II, figuran foros, costumes e concello con foros novos para a súa repoboación.

Sería con Afonso IX, no 1.188 cando pasou a chamarse Salvaterra do Miño, quizais salvando a terra e a xente dun e outro bando, coas invasións portuguesas.

Hoxe, felizmente, tanto coa asociación portuguesa “Atearaia” como “Lazadoiro”, compre o que pedía Xoán Verde, porque tanto Monçao, como Salvaterra, son dúas vilas namoradas polo pai Miño, que envolve a pasada historia de ambas vilas, cultural, social e economicamente, que sempre estiveron unidas espiritual e sentimentalmente.

Síguenos: