Na caza de bruxas

El Aquelarre de Goya
Así chamada pola nosa xente na depuración para desmantelar a obra educativa republicana, caracterizada polo laicismo, a coeducación e a introdución de novos métodos pedagóxicos, foi encomendada os tribunais da Comisión Superior Dictaminadora, entre o 1.940 a 1.945 finalizando no 1.956, aínda que se tramitaban solicitudes dalgúns expedientes de revisións de Sancións.

Os especialistas calculan nun 30% dos docentes depurados. En Fornelos, o mestre Carlos Santos e Lourido Xosé Álvarez Vilar, quen me ensinou a ler e escribir, e de cuxa memoria gardo inmemorial lembranza.
Naquela depuración alcanzou tamén, a Abundio Ledo Gómez, con 48 anos procesado.

Manuel Monteagudo Rodríguez, con 22 anos e chofer de profesión.
Marcelino Ojea Domínguez con 22 anos.

Manuel Rodríguez Martínez con 38 anos, industrial.

José da Silva González con 41 anos.

Todos estaban nas comisións que obrigaban a pedir depuración, dende o triunfo da rebelión ata que puideran ser “actos”. Porque, os docentes tiñan o seu auto depuración para o seu reingreso. Os mestres se vían obrigados a explicar o “entusiasmo do Alzamento Nacional” e demostrar a vinculación na construción do novo estado, e con elo, a apertura do expediente depurador.

Nin que dicir ten, como algúns exaltaban as referencias nacionais e o papel do caudillo.
Outros, para defenderse tiñan que pedir axuda a autoridade, como o párroco, alcalde ou mestre. Tan contraditorio é, xa que se sospeitaba que en ocasións, eran os mesmos que emitían informes desfavorables, por vinganzas ou razóns persoais.

O 18 do marzal do 1.937 os castigos administrativos con carácter aberto, estaban para interpretar quen pode ser sancionado, por “non cooperar co Movemento Nacional”, que implica antipatriotismo ou conduta contraria o Movemento Nacional. Entre os tipos de cargos figuraban: “Observar conduta de verdadeiro ateo, facer alarde de irrelixiosidade, facer pública ostentación de ser laico, incumprir cos deberes relixiosos, non cumprir co precepto pascual, e incitar ideas extremistas, arredando o crucifixo xunto co catecismo e o libro da historia sagrada”.

No 1.942 as revisións pasan o xulgado administrativo para as revisións. E foi dende aquí, cando nace unha nova era de empobrecemento, envilecemento e entorpecemento, para o pais. A chatarreira verbal da época, da España do Caudillo, as denuncias da masonería, o xudaísmo rompe coa escala da estupidez. E aquí queda, na miña memoria, estes nosos irmás arrastrados pola guerra civil, que saben que “vencer non e convencer” e non poden convencer co odio, porque non deixa lugar a compaixón.

Quero render aquí, este humilde lembranza a estes fillos de Fornelos e Lourido que xa non están con nós, que loitaron para non perder a cultura e viviron uns e outros a atroz fogueira de libros escolares da nosa historia patria, que “ infiltraba nos meniños u odio a todo o católico e espiritual. E así, o 1 de Abril do 1.939 o monopolio do pensamento regresaba a Deus. Se racha o control educativo, o dominio das xentes e se enchen de crucifixos as capelas e camiños do pais.

Xulián Besteiro, catedrático de Lóxica, paga con outros, o compromiso coa República no 1.940 na cadea de Carmona, en Sevilla: “Nas cadeas e nos campos de concentración morre a insurrección a favor da intelixencia humana”, dixo. E así o repito eu.

Síguenos: