As pedras d´embrague

pedras

Movedizas, abaladas, cabalgadas, outras cristianizadas con piadosas lendas. A mais célebre estaba no chamado Coto de Sa, en Fornelos da Ribeira, hoxe desaparecida. Era a pedra mais milagreira habida. De pedra, dunha soia peza, e se dicía que “vinte bois” apenas poderían movela do sitio, e sen embargo, desapareceu co novo camposanto. É, aínda mais: Se dicía que cal quer home ou muller podería movela sen a menor dificultade non estando en pecado mortal. Porque si o está, ou fora un excomulgado e non fixera penitencia, de ningunha maneira podería movela citada pedra.

Naqueles tempos moitos ían alí, e ata os meniños a viran mover e outros non puideron polo que fora. Aquela pedra foi destruída para que as xentes non levaran alí ningunha ofrenda.

Este Coto, quizais antes castro ou croa, ninguén nega do seu carácter de recinto fortificado, considerado como un antigo templo celta, pois hai quen opina que fora elixido para plantar e adorar en el o “deus druída”. E non moi lonxe del, A Mámoa, formando círculo, semellante a un vasto campo mortuorio, chamado o Campo da Mamoiña.

O noso rueiro da Mámoa, pouco material forneceu, pois foi sistematicamente violada durante séculos, polos buscadores de tesouros. Hai varias testemuñas do século XVII, contra certas persoas sen licenza do fisco, que abriron a Mámoa e castro, onde se di, había tesouros e sepulturas de xentes, as que se recorría para as prácticas supersticiosas.

A Mámoa, é un montículo natural de terra e pedras, que representan unha teta, as cales os franceses chaman “mamelles”. Nel, se practicaban certos ritos, como facer unha operación no cranio, feito en vida, facendo outro unha vez morto, para que por alí entre o espírito a quen é preciso dar saúde. De todos os modos, parece indubidable o carácter relixioso deste rito.

O Pai Sarmiento, comentaba tamén, que moitos Oleiros se chamaban así por fabricar olas, pero el dicía que Oleiros ven de Ollarios, ou lugar das olas cinerarias que hoxe se chaman osarios. E onde de ve a Mámoa, alí está o rueiro dos oleiros.

E innegable como na antigüidade a importancia dos mitos, incluídos os solares, no nacemento da historia, no hoxe Coto de Sa, encontráranse deuses transformados en homes que pertencen o patrimonio relixioso da raza.

Alí nos encontramos con INDRA, o deus celeste, armado coa maza do raio que triunfa sobre VRITRA, que tiña aprisionada as augas do río Tea, e rachara a nube tormentosa, facendo descender o tesouro da chuvia sobre a terra.

INDRA, e o pastor do rabaño celeste e VRITRA, o monstro en forma de serpente.

Naquel tempo tan afastado, so o raio abría os montes e puña en descuberto o ouro que os “indíxenas” recollían como unha dádiva de deus, que habitaba no cume. E, antes de pasar polos áridos da “Chan da Salgosa, en Salvaterra, recollían ouro nas areas do río, e para iso, pasaban 20 días en xaxún é castidade rigorosa.

Xa daquela, estaba moi difundido nos nosos lares o culto a deusa fortuna, sobre todo a deusa fortuna salutaris, como divindade médica. Tal como os lo conto.

Síguenos: