Nenos hoxe, mañá cidadáns

nenos

Para ninguén é un segredo, que a vida e cíclica, nacemos, crecemos, reproducimos, envellecemos e morremos. E, este é, o único ciclo para ser vivo; o único para o ser humano. É, para min é, como un paisaxe da miña terra, que ten diferentes matices e cada un crea pola luz, un diferente entorno que gustosamente exhibe.

Da miña nenez, no rueiro de O Casco, no meu Fornelos da Ribeira, vin como cada quen labraba a terra, co principio de que o labrar era a riqueza, e estudar “perdelo tempo”.

Eu, na medida que ía crecendo se involucraba a familia, a escola pública, e, porque non dicilo, a igrexa. Logo, a responsabilidade propia que sen darnos conta afectaba a xente en xeral, cos pensamentos e ideas pesimistas.

¿Que podemos facer na nosa aldea?

Daquela, nin si queira podías crear un mundo, mais que coas normas impostas. Algo parecido a historia imperativa de traballar o campo, porque estudar non serve para nada. Entón: ¿Para que estudar?

Unha das preguntas que me viñan a cabeza era: ¿Como será Fornelos dentro de vinte ou trinta anos? ¿Como será o seu futuro?

Un pretendía xulgar a cada pai, se dicía, “cada cabeza é un mundo”, para resolver o futuro dos meniños, cidadáns de mañá.

Hoxe con 86 anos, so pretendo felicitar as xentes da miña aldea de Fornelos, o contemplar como se están facendo ben as cousas cos meniños. E poden presumir con toda honra de ser unha parroquia con ilusión, creatividade, con outra maneira de pensar, e de como ven a vida dos nosos nenos.

Que razón tiña Albert Einstein, cando dixo que a vida e como montar nunha bicicleta, e conservar o equilibrio, grazas o movemento permanente. Non lle faltaba razón.

E xa que estamos no Nadal, a época mais feliz dos meniños, brindemos pola oportunidade de vivir a vida coa experiencia de ganala cada instante, porque todos a merecemos. ¿Ou no?

Síguenos: