Da revista, “Acción Gallega”

accion gallega

Revista mensual da Casa de Galicia, en Bahía Blanca, do 30 de outubro do 1.921, encóntrome co aniversario da filial de Bahía Blanca, que xorde dun puñado de enxebres galegos que constituíron a “comisión organizadora” para contaxiar os paisanos o amor a Casa de Galicia, os ideais galeguistas, que sentían arder no peito os nobres fillos de nosa terra meiga.

Aquela Casa de Galicia, formada por Antonio Sánchez, R. Pazos Isla, A. Castro, A. López, Rivero, Peña, García, baixo a mirada do seu presidente Rogelio Estévez Cambra. Aquela Casa de Galicia, que recalca a nobre actuación e prestixio dos distinguidos compatriotas da Comisión, especialmente a do presidente Rogelio Estévez Cambra, co seu infatigable secretario Ramón Pazos Isla, merecedores da gratitude de tódolos asociados.

Da puxanza da Casa de Galicia, da boa proba os importantes festexos con que conmemoraron o aniversario. Os cales, se realizaron no domingo, 16 de outubro e constituíndo un sinalado acontecemento en Bahía Blanca.

Se sinala que o sábado 15 se trasladou a esta cidade o señor Embaixador de España, marqués de Amposta, e o señor Intendente municipal da Capital, doutor José L. Cantilo, para presidir e recibir a homenaxe que, con tal motivo, lles rendera a colectividade galega e española en Bahía Blanca.

Ei de resaltar tamén que “Acción Gallega”, lle rendera homenaxe o presidente da Real Academia Galega, Manuel Murguía, quen Luís María Álvarez, xornalista do grande diario “La Prensa”, gabou, non so as grandes virtudes do homenaxeado, senón, para comprender a un dos historiadores do século XIX, polo que brindaron pola dilatada vida deste grande home.

Síguenos: