O noso viño é vida

viño

Os meus 86 anos de vida, ensináronme que foron asociados o viño, no rueiro de O Casco, en Fornelos da Ribeira, no eido de Cambra, como o aire que respiramos.

Lémbrome de neno, levantado no medio do comedor, invitados, levantala “cunquiña” de viño, dicindo: “A cunca é ampla, bebamos todos dela. Bebamos o viño da vida, o viño do amor”.

E lle dicía meu pai a miña nai: “A túa boca e a miña se unen en cada bico”. Bebamos del.

Xa non sei si me falla a memoria, porque cando teño que falar digo sempre: “Que os que beben sexan tres ou catro, para redondear o bico idea, como eu o fago”.

Eu aínda non sei, si os poetas se fixan nas viñas, nas cuncas para a súa inspiración, ou está asociada a cultura popular, a Festa do Viño, en Salvaterra do Miño. O que si, está claro, e que o viño e tamén, un alimento, e si non, que se lle pregunte os cociñeiros, porque hai unha elaboración, unha transformación e unha cultura, sen esquecernos do “pracer” e da festa.

Na praza do noso Concello de Salvaterra do Miño, nace co viño, a festa da cordialidade. É esta, un dos cambios que cada ano afecta a relación vida e viño.

Nos meus tempos de neno, no eido da familia Estévez Cambra, por o mantel, as servilletas, os cubertos; pratos e cuncas, auga e viño, era todo unha cerimonia, na miña nenez.

Posiblemente, nosos pais e avós tiveran mais traballo físico. Aquel fogar tan antergo, non tiña o calor en inverno, como hoxe, pero o viño presidía a mesa xunto o pan.

O viño e para min, o centro da gravidade o que procurei engancharme. E me lembro da evolución da uva na cepa, na viña, ver o cambio da cor coa maduración… Aínda hoxe me segue seducindo. Por iso, do mesmo modo que recuperar o viño na mesa a diario e sentirse feliz, e para min, volver a aquelas paredes do fogar de O Casco, de Fornelos, o comedor e mantel de cando era neno.

¡Xa está ben! Non demonicemos mais porque unha demonización termina abrindo as portas a outras bebidas, que non supoñen ningún beneficio para a nosa saúde.

Sempre gustei que me contaran, unha e mil veces, nas adegas, o proceso da elaboración. De neno me gustaba catalo mosto e ver por onde pasaba o viño. E, penso que todo ese recorrido forma parte da miña vida coa cunca e o contido no meu padal.

Éncheme o corazón, aínda hoxe, cando detrás dun prato tradicional está o viño da nosa terra, como recurso natural. Todos sabemos do clima, do “Mar de Vigo”, da montaña, da fauna e incluso da relixión que condicionou a nosa cultura. Encántame ver na Parte Vella da cidade de Vigo, bancos a porta, unha mesa e viño como un proxecto orixinal, agradable, convertido nunha cadea de restauración que emociona.

Nos tempos que corren a verba “identidade” se utiliza como reivindicación, e vexo que as costumes e tradicións están aí, mais que nunca.

Hoxe Vigo, e o único que xera mais expectativas de ser visitada que nunca, e se quere ensinar e mostrar: Cultura e raíces,s en excluír a moda e tendencias.

Se algún valente segue camiñando pola Parte Vella, na Pedra pode encontrar o marisquiño e viño albariño, e tamén castañas que é o tempo no que isto escribo.

Síguenos: