A Voltas Con Jesús Cambra E Rivas

Jesús Cambra y Rivas emigracion

Jesús Cambra e Rivas , nado no rueiro de O Casco, en Fornelos da Ribeira, no concello de Salvaterra de Miño, provincia de Pontevedra, ninguén podía imaxinar que aquel rapaz, fillo de Clemente Francisco Cambra e Rosa Rivas, se convertera nun fillo adoptivo en Mercedes (Arxentina), e ser un testemuño da vida escolar de Florentino Ameghino, nado na cidade de Luján, provincia de Bos Aires, no ano 1.854.

Ambas vidas, sobre todo a de Florentino Ameghino en Mercedes quedaron reflexadas nos diarios El Pueblo, La Reforma y La Aspiración, en tempos en que Mercedes, se mostraba como unha cidade moderna e puxante, situada a tan so 100 quilómetros de Bos Aires, capital intelectual e política da época. Conectada ambas por un par de horas de viaxe.

A historia nace no decembro de 1.876 coa morte de Luís Traverso, e o nomeamento de Florentino como director no marzal de 1.877. Neste tempo forma parte do Consello Escolar de Mercedes, Jesús Cambra con outros mais. O dato mais antigo se remonta a 1.827 cando Mercedes se chama “Guardia de Luján”, e a escola e denominada “Escola Pública” de nenos de Vila Mercedes.

Esta historia ven da Acta firmada polo director e Florentino, con motivo dunha queixa, si os alumnos da escola recibiran castigos corporais por parte do corpo docente: “Aburridos de escoitar queixas, calumnias sobre aplicar castigos corporais aos nosos alumnos, determinamos levantar tódolos días acta firmada, interpretando publicamente a cada neno en particular, si no día recibira castigo, e si resultara haber sido apuntado o nome do neno e daquel que o houber castigado” (11– 10 – de 1.876).

No Informe da Comisión Examinadora encargada de avaliar aos alumnos, a cargo de Florentino Ameghino, aparece, entre outros, Jesús Cambra (10-12-1.877. Arquivo Documental da Escola núm. 2).

O certo e que no 1.878 a Escola Elemental, comezou sen Ameghino debido a que partira para Europa, e o regresar xa non conservaba o cargo de docente en Mercedes.

Grazas a Sonia L.Lanzelotti e Gabriel E. Acuña Suárez, funme facendo idea dos lugares e sitios arqueolóxicos no partido de Mercedes, nos que paseara Jesús Cambra, do arroio Friás, e outros rueiros onde radica a antigüidade de Mercedes, así como a estancia de Jesús Cambra.

Os restos de Jesús Cambra e Rivas, nunha nota do xornal “Galicia”, diario de Vigo, do 16 do marzal do ano 1.923 di: “Ayer celebrose el sepelio del finado señor don Jesús Cambra y Rivas, persona de grandes merecimiento personales cuya muerte ha sido muy sentida.

Presidieron el duelo en aquel fúnebre acto, don Argimiro Martínez, párroco de Santiago; don Francisco Sande, arcipreste de Fragoso. El padre Constantino, director de la Orden Tercera, el padre Pérez del Rio y el padre Altea, jesuitas; don Gumersindo Arias, teniente vicario castrense y el padre Miguel, salesiano.

Don Alfredo Díaz, don Francisco de Haz, don Rafael Quintana, abogado, don Emilio Gutiérrez, don Miguel Sotelo Pineda, farmacéutico en representación de la familia”. Reiteramos nuestro pésame.
Jesús Cambra e Rivas, faleceu aos 80 anos de idade de sacamatosis xeralizada.

Síguenos: